Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arturo Olveira volve impartir o necesario Curso de RCP na Sala Nasmo

RCP Na Sala Nasmo
Arturo Olveira volve impartir o necesario Curso de RCP na Sala Nasmo

“O Curso de RCP debería ser obrigatorio para todo o mundo. Podes salvar vidas con poucas de aprendizaxe”. Xa nolo dicía Arturo Olveira o ano pasado tras realizar sendos talleres de Reanimación Cardiopulmonar e Primeiros Auxilios en Muros.

Tan é así que a demanda segue aumentando, e cada vez máis as persoas que queren realizalo. Por iso, de novo, o formador do Plan Nacional de RCP (ademais de TES do 061 Emerxencias e Monitor en Catástrofes e Cooperación Internacional), coa colaboración da sempre activa Sala Nasmo, vai organiza un novo “Taller de Soporto Vital Básico, RCP e uso do Desfibrilador” no local de ensaio muradán.

Será un curso teórico-práctico para obter o Diploma Oficial Acreditativo da SEMICYUC para o uso de desfibrilador en calquera lugar da CEE, para persoal non sanitario, expedido polo el Plan Nacional de RCP.

O curso será o sábado 13 de Novembro 2021, de 10:00 a 14:00h. e de 15:00 a 19:00h, na Sala Nasmo. Poden inscribirse en [email protected] ou no 686601405.
A asistencia o curso será gratuita, se ben o alumno que supere o curso e desexe o diploma oficial da SEMICYUC, que lle habilite para o uso dun DEA en toda a CEE deberá abonar 20€ para a súa tramitación.

O curso

O alumno adquirirá os coñecementos básicos e xerais en primeiros auxilios e reanimación cardio-pulmonar para levar a cabo as actuacións de protección e auxilio en situacións de emerxencia:

  • Dotar os asistentes de habilidades, técnicas e destrezas que permitan ofrecer unha asistencia inmediata, limitada e temporal co fin de xerar as mellores condiciones para a vítima, ata ser tratada por profesionais sanitarios.
  • Coñecer as normas básicas de autoprotección e os conceptos básicos de primeiros auxilios, diferenciando entre urxencias e emerxencias.
  • Identificar precoz dunha parada cardio-respiratoria independentemente da causa.
  • Alertar eficazmente ao persoal especializado, aportando información precisa e aplicando técnicas de reanimación.
  • Coñecer e utilizar de maneira eficaz un desfibrilador.
  • Transmitir os coñecementos adquiridos sobre prevención de patoloxias cardiovasculares e promover a educación para a saúde dentro da súa área de influencia.

 

Novas relacionadas

Comentarios