Sábado. 05.10.2024
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro: Deporte artesanal en estado puro

As Carrilanas de Esteiro: Deporte artesanal en estado puro

Sérvenos este vídeo de promoción para dar conta dunha das festas máis esperadas de cada verán no sur da Costa da Morte. Unha das xa 9 Festas de Interese Turístico Galego. E este ano veñen con denominación de orixe ademais.

I é que falamos dunha festa tremendamente singular. As carrilanas son as verdadeiras protagonistas, tanto na exposición das mañás, como nas competicións da tarde. O sábado tomaranse os tempos para ver quen parte na pole position, pois realmente falamos do "XXVI Gran Premio de Carrilanas de Esteiro", superando o concepto Baixada.

Se o venres xa temos adestramentos libres, e o sábado a loita pola PolePosition, a gran carreira, a gran baixada, terá lugar o domingo ás 19:00h.

Deporte artesanal en estado puro

O Xerente e un dos grandes protagonistas do Gran Premio das Carrilanas de Esteiro-Foto-Ricolo

Un dos grandes protagonistas será "O Xerente", que moito antes de que Fernando Alonso nos contaxiara co andazo da velocidade a catro rodas, xa baixaba montado nas súas propias creacións. Fai, coma todos os participantes, verdadeiras xoias da artesanía mecánica.

Así esta terceira fin de semana de xullo, “escuderías” de Galicia e do resto de España, e, desde hai pouco, tamén de Portugal, amosan en Esteiro os seus enxeños, nos que a velocidade non é o único que importa, senón tamén a imaxinación, os acabados e as innovacións mecánicas.

E festas

Carrilanas Esteiro 2013

Un espectáculo que se completa coas Festas verbeneiras que manterán a troula e a música durante as sesións vermús e verbenas do sábado e domingo.

E para o mero disfrute, aquí queda outro vídeo da nosa compañeira Edita Cambeiro:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios