O brazo perdido e atopado
Dáme que cando escribo sobre a historia de Muros, a moi poucos lle interesa, pero bueno, a historia forma parte do noso sentir, ser e andar, por iso, que no está demais facer memoria do que foi en tempos de antes... pero o que ven agora non vai ser máis que unha parte do de antes... e outra parte do de agora... e xa empezo pedindo desculpas... porque sempre me din que escribo moito; e que canso... uf... (pois xa veredes), e gardade máis paciencia para cando remate as 600 páxinas que estou preparando sobre a historia de Muros), pero desta vez, val a pena ler na totalidade o presente.
E vou atrás, de cando no ano 1543, Álvaro de Bazán o Vello, foi o almirante español que gañou fronte a armada francesa o que se chamou a batalla de Muros.
Situámonos: A capitana da Saane era un barco de guerra francés pertencente á frota de Alabardes. (denomínase “capitana ao barco onde reside o mando da frota, onde se atopa o comandante). A súa carga estaba composta por pertrechos bélicos e, posiblemente o botín que a frota conseguira nos portos que atacara.
Naqueles días, o xeneral francés Jean de Clamorgan, Señor da Saane, negociaba cos veciños da vila de Muros un elevado rescate baixo a ameaza de saquear a localidade como xa fixera en Laxe, Fisterra e Corcubión. Clamorgan, considerado o mellor mariño francés da época, esixía 12.000 ducados aos muradáns, presionando cos seus navíos presentes na baía de Muros, mostrando un comportamento máis propio da piratería que dun soldado. No medio das negociacións, o 25 de xullo, o Día do Apóstolo Santiago, chegou á ría a frota española que dirixía Álvaro de Bazán, o vello.
A armada estaba composta por só 16 navíos. Enervado ante as intencións de Jean de Clamorgan, Álvaro de Bazán arengou aos seus soldados cunha soada frase: “Señores!, España non pode perder unha batalla en tan sinalado día! Sen reforzos e en inferioridade numérica, baterémonos e gañaremos!”.
E fai uns anos escribía eu:
Bazán abordou coa proa do seu barco á capitá dos franceses. Tras a abordaxe, a capitá inimiga foise a pique e o barco de Álvaro de Bazán sufriu importantes danos e a perda de 100 homes. Tras dúas horas de batalla rendéronse 23 navíos franceses e tan só un logrou escapar, aínda que maltreito, co pau maior partido en dous tras ser alcanzado por un disparo de canón. Na contenda máis de tres mil franceses foron tomados como prisioneiros, mentres que na frota española contáronse 300 baixas e medio milleiro de feridos.
O brazo de San Guillermo: Álvaro de Bazán lamentou que co afundimento da capitana francesa, tamén se ía ao fondo do mar a maior parte do botín que os franceses obtiveran nos saqueos de Laxe, Fisterra e Corcubión, Seguramente, entre os tesouros atopábase a venerada reliquia do brazo de San Guillermo de Fisterra no seu relicario de prata, así que Álvaro de Bazán xa non podería gañarse o favor do santo devolvéndoo á igrexa de Santa María.
A Batalla de Muros de 1543 pasou á historia por ser a primeira batalla moderna do Atlántico. Nela tamén estivo presente o fillo de Don Álvaro, Álvaro de Bazán, a quen se lle coñecerá máis adiante como o Marqués de Santa Cruz e que pronto se convertería no mellor almirante da Armada Española de todos os tempos. Pola súa banda, Jean de Clamorgan, señor da Saane, retirouse para sempre ás súas posesións, onde escribiu un libro sobre a caza do lobo, un fin que podería cualificarse como ridículo para o que fose o mellor mariño da frota francesa. Hoxe en día a capitana de Jean de Clamorgan segue no fondo do mar e, presumiblemente, co brazo de San Guillermo no seu interior, no seu relicario de prata.
Descoñécese a súa situación e o seu estado.
E do escrito, pois resulta que non. Fai uns dias, nun xornal de Salamanca fíxose publico que grazas a un grupo de submarinistas, subvencionados pola universidade, descubriu en augas da bahía de Muros, o pecio do buque La Saane, i en el, a urna de prata que contiña o incorrupto brazo de San Guillerme.
Sei, de moi boa fonte, (aínda que o asunto levouse en moito segredo), que a nova chegou a oídos de moitos, i entre eles aos mandamases de Muros. E tamén sei, que este xornal de Salamanca, maña publicará declaracións destes próceres locais, i eu, que tamén teño amigos na Salamanca de Don Diego de Muros, pois tíñame que enterar...
Pois do que dixeron a prensa os próceres de Muros, o seguinte: A Alcaldesa: Nos de santos non somos moito... pero si é o braso esquerdo, hai moito que faser. En prinsipio, que os nosos asesores nos dijan canto se pode pedir por el... (a urna de prata, e o de menos), que os cartiños fan falta sempre. A Vise-alcaldesa: De esto, le hay que dar cuenta a Valentín; que como sabeis es el único que se preocupa por Muros... y no sería mala idea usar el cine para exponer el brazo del santo... antes de que se lo lleven los de Salamanca. A xefaza da oposición: Non, non, o primeiro é darlle conta a xunta, que seguro que haberá que pajar aljun imposto... e bueno, si queren, ijual do que lles sobre do imposto, mandan aljo para Muros. E tamén o que dixo o da calle ancha: Vaites, vaites... agora resulta que son todas católicas, apostólicas e romanas... polo interés che quero andrés... san guillerme, san guillerme, dalle luses, que moitas non teñen...
E tamén os de fisterra dixeron: conos para os de Muros; que o santo é noso, que nolo roubaron os franchutes.... aqui está a ermida de san guillerme... alá vamos os de fisterra a buscalo... que non sería a primeira ves que os de Fisterra imos a Muros...
Do resto, xa se verá mañá nese xornal de Salamanca.
- Manolo de América