A festiva Carreira de Esteiro serviu para pechar o curso de eventos da familia Salta Rejos

Fantástico ambiente no parque Artón de Esteiro para a Carreira dos Salta Rejos. O bo tempo acompañaba e as preto de 200 inscritas non faltaban á cita co deporte e a diversión.

Se ben o máis importante é pasalo ben, tamén houbo pique por ver quen chegaba antes á meta. Na categoría familia, as corredoras locais foron protagonistas e Ana Martínez e Cristina Carregal, ambas dos Serres Runners, coparon o ouro e o bronce, acompañadas no podio por Marinela Mato (do Clb At. Sar).
En categoría masuclina o gañador foi Eloi Couso (Real Club Celta), por diante do independente Elou González Horta e Pedro Traba /do Club At. Outes).

Nas categorías de Veteráns, Eva Isabel Babian e Lourdes Prieto foron as máis rápidas en feminina, e Pedro Traba, Ángel Maceiras e Michel Martínez en masculino.
Coa Carreira popular, a familia dos Salta Rejos dá por rematada a temporada de eventos, agradecendo aos colaboradores de cada evento, patrocinadores, ademais dos Concellos de Muros e Outes e aos membros de Prot. civil e Pol. local deses dous Concellos.