Venres. 18.10.2019
El tiempo

Calvo anuncia o traslado dos traballadores de Esteiro a Carballo

Calvo anuncia o traslado dos traballadores de Esteiro a Carballo
Calvo-Esteiro-240 Imaxe aérea da fábrica de Calvo en Esteiro

O grupo internacional carballés Calvo anunciou onte o peche da fábrica de Esteiro e o traslado de case un cento de traballadores á planta de Carballo a finais deste ano. En todo caso, a integración das operacións de produción das súas sociedades Conserveira de Esteiro S.A.U. e Calvo Conservas S.L.U. servirá para focalizar a produción na capital bergantiñá.

A integración leva o cesamento da actividade da fábrica de Esteiro, na que actualmente, segundo explica o grupo nun comunicado de prensa, só realizábanse actividades de limpeza de peixe e cuxa capacidade e competitividade viuse mermada nos últimos anos.

Grupo Calvo comprométese a manter a totalidade do emprego e ofrecerá ao persoal actual da planta de Esteiro, ao redor de 100 empregados, a posibilidade de continuar o seu labor na planta de Carballo así como axudas para os desprazamentos.

A planta en Carballo converterase así no centro principal de operacións do grupo en Europa e, reivindica a empresa, nun "referente de eficiencia, innovación tecnolóxica, competitividade e sustentabilidade" no sector.

Acordo da corporación muradá

Manu Sante presentou unha mocion de apoio aos traballadores de Calvo Esteiro no pleno muradan Manu Sante, do BNG (arriba) presentou unha mocion de apoio aos traballadores de Calvo Esteiro no pleno muradan

O asunto tratouse no pleno muradán do pasado xoves 28 de setembro que podedes ver integramente a través de Youtube. O BNG presentou por Urxencia unha moción, que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos, xa que se trata da principal fonte de ingresos da zona esteirá e practicamente a única fábrica situada no concello..

Unha moción que lamenta que “estocada case mortal” que sufrirá Esteiro, e que acorda que a corporación “amose o seu apoio incondicional ao colectivo de traballadores da Fábrica” mediante o seguinte acordo:

  • ”A corporación rexeita a lamentable noticia do peche da conserveira de Calvo en Esteiro”.
  • ”A corproación aproba unha declaración institucional de apoio aos traballadores na súa negociación para a a recolocación do persoal na fábrica de Carballo”.

Fonte

Comentarios