O Campo de Cortes prepara a súa Romería de San Marcos
A familia da ACDRM Rumial celebra esta fin de semana de 10 e 11 de agosto unha xornada moi especial coincidindo co paso das Perseidas. No sitio máis emblemático do Concello de Muros, en canto á astronomía se refire, a Capela de San Marcos, a 1,2km das casas de Campo de Cortes, organizan unha xornada completa.
A Romería de San Marcos arrincará cunha noite de concertos, con Tbe Universe, Fallen Idols e Kondusión Kolérica, para dar paso a unha serie de djs para facer unha velada inesquecible.
O domingo arrinca coa misa na honra de San Marcos na capela recuperada pola iniciativa do parroco José Marcelino Figueiras, nomeado Cronista de Muros no 2002 e ao cal a parroquia agradecerá sempre a iniciativa.
A continuación, toca comida campestre, mesmco con paella do recoñecido Xaquín do Catano.
E para baixar a comida, bailes e xogos, antes do Tradicional sorteo do Carneiro e Rosco.