sábado. 15.02.2025
El tiempo

Capital Voskov, gañadores do Queixo Maquetón 2025

Capital Voskov banda Muros
Capital Voskov, gañadores do Queixo Maquetón 2025

Segue demostrando Muros ser a capital da música galega contemporánea. Capital Voskov, se cadra a banda máis internacional da factoría muradá (algúns crecidos na Nasmo, por suposto), vén de proclamarse gañadora da edición do Queixo Maquetón, o concurso da Festa do Queixo de Arzua. Fíxoo ademais nunha edición de participación récord no concurso. “Con temas en galego e castelán, a súa música mestura melodías pegadizas, riffs de guitarra cargados de intención e ritmos contundentes que bailan entre o indie e o electrónico, creando unha proposta única e sen prexuízos”, sinalan dende o xurado.

A banda está de xira “Xa improvisaremos tour”, que terá parada, como premio do certame ademais dos 1.500€, na Festa do Queixo 2025, o vindeiro 15 de marzo, compartindo escenario ademais con The Rapants.


 

A banda está formada por Alfonso Gallardo (voz e guitarra, Esteiro), Alberto Romero (guitarra, Muros) (xa coñecemos a ambos dende hai máis de 10 anos do seu proxecto Maestro Romero e aquel DiscoMaestro), Alvaro Beiro (baixo), María Galdón (teclado e coros), Chama Caamaño (bateria) e Sergio González (guitarra).

​Pódelos escoitar no seu Spotify

Máis novas

Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento

Comentarios