Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros

A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo

Temos falado en innumerables ocasións do talento musiqueiro da zona de Muros. Un talento que non é froito da calidade dos seus manantiais, ou do clima tan especial que teñen. Un talento que se traballa dende pequeno, gracias ao xigantesco traballo que fan a Escola de Música e a Sala Nasmo.

Así, de cara ao curso que vén a Escola Municipal vén de publicar un vídeo nas redes con varios protagonistas que hoxe viven da música e que se criaron nestes dous singulares espazos. Mauro, Denis, Alberto, Xanma e a Juan da Nasmo, membros de The Rapants, de Deleiba… explican por que a súa vida está ligada á música.

Novas relacionadas

A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo