Grabando o #DiscoMaestro


Xa non son aqueles dous adolescentes que comezaban hai xa 3 anos, con apelido de herba aromática e versionaban con moito desparpaxo cancións de grandes bandas galegas ou estatais. Están aquí para quedarse no panorama musical costeiro, e galego, despois de máis de 30 concertos nos que se nota a evolución dunha sonoridade e un espectáculo puramente acústico, a un concerto máis compacto.
Son Alfonso Gallardo (voz e guitarra, Esteiro) e Alberto Romero (guitarra, Muros), son Maestro, e están en proceso de grabación do seu primeiro disco con temas propios. Fano da man do productor Celso Madriñán, no seu estudio, “The Magical Mystery Room”, a excepción das baterías, que se grabarán exclusivamente en Bonham Studios. Un Madriñán que xa traballou con Deluxe, Xoel López, Fredi Leis, Marlango, Silvia Penide, Carmela Pequeña… e que agora aposta por esta garra costeira.

#XiraMaestra
Unha grabación que se fai ca banda completa, cos Fonso e Romero acompañados polo batería Chema e o baixo “Jalp”, e que verá a luz cunha xira de presentación a partir de abril-maio do 2018.
Tamén participarán os Chema e Jalp na #GiraMaestra, para a que xa andan programando e pechando datas. Xira que arrincará en maio do 2018, tocando por salas de toda Galicia e diferentes locais, tanto en formato banda como en acústico.
A banda ten a grabación cuberta coa recadación dos concertos deste último ano, pero seguen buscando novos bolos onde seguir espallando a súa música e poder afrontar os gastos do lanzamento do disco.
Seis cancións, seis vídeos, seis meses
Toca esperarmos ao mes de abril para ver o resultado (cando saia o disco á venda en abril), pero polo de pronto, estaremos atentos cada 1 de mes a esa perla acústica que nos van deixando no seu Canle de Youtube. Serán 6 temas presentados durante estes vindeiros 6 meses. Ao final do sexto vídeo, sairá á luz o #DiscoMaestro, que dará paso á #GiraMaestra.
A das perlas acústicas saltaba onte á rede: “Aquella Chica”:
Novas relacionadas
Máis novas Muros-musiqueiras
- Comezan os Días de Verán con Lisdexia.
- A Factoría Nasmo volve armar a súa Noite de Rock.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer.
- Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- 2015: Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
Máis novas musi-costeiras
- Almánimal lanza a súa primeira maqueta para arrasar no verán.
- Da tradición da Raigañas, ao lírico do Conservatorio e ao pop do Youtube, con Icía Varela.
- Xurxo Trillo: Da #VozKids ao Youtube… e a Disney.
- Almánimal, rock galego anticorrupción.
- Rosalía en clave de reggae costeiro.
- O mundo da música costeira despide a Alan Louzán.
- Route-552: O R&R da Costa da Morte.
- Aula 11, os anfitrións da festa do Xiria Pop.
- Os Rap-arigos de Corcubión, con Leo KCh.
- O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo.
- Serj rende homenaxe ao Rei das Mareas, Modesto Tajes Sánchez.
- Os xalleiros Gran Soul Band estrean videoclip en ruta.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage.
- Coso Carnóbrigo: Folk Metal carnotán para o Festigal.
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- O Colectivo Badlaifé dá o salto e xa graba rap en italiano.
- Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).