Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O Castelo Rock vai tomando forma cos Lendakaris Muertos e The Rapants

O Castelo Rock vai tomando forma cos Lendakaris Muertos e The Rapants

Lendakaris Muertos, The Rapants, e a Mekanica Rolling Band son as tres novas bandas que anuncia o Castelo Rock para os 24 e 25 de xullo, coincidindo este ano coa ponte de Santiago Apóstolo. Únense ás xa anunciadas El Drogas, Segis, Viva Belgdrado, Hamlet, Toundra, Golpe Radical, Aphonnic, Mekanica Rolling Band ou Lisdexia.

Deste xeito, a Asociación Praia do Castelo (entidade sen ánimo de lucro) asegura que non faltarán, nesta 17ª edición, as máis míticas bandas do panorama punkrock estatal, así como as mellores bandas emerxentes da comarca.

Dos Lendakaris Muertos pouco hai que dicir, máis despois de pasar o pásado sábado por Santiago, a de Muros será a única cita en Galicia para este verán. Mekanika Rolling Band é pura festa. Mentres The Rapants forman parte desa tradicional aposta polas bandas locais da asociación organizadora. É unha das bandas con maior proxección do panorama galego chega ao Castelo Rock 2020 para presentar o seu primeiro traballo “Cariña de raposo”, melodias pegadizas, letras sinxelas de cantar e ritmos imposibles de non bailar poran patas arriba o recinto do festival.

E isto non queda aquí, engadir que as entradas para esta edición ata o seguinte avance serán a 21.95 + gastos de xestión e poderanse en www.castelorock.com ou en www.wegow.com. A zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado polo que se recomenda mercar a entrada con antelación.

Outras novas festivaleiras

comentarios