Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Xoel López, The Rapants e Ortiga, o primeiro avance do Festival de Carrilanas de Esteiro

Xoel López, The Rapants e Ortiga, o primeiro avance do Festival de Carrilanas de Esteiro

Un cabeza de cartel, unha banda costeira, e un artista de moda, son os 3 protagonistas do primeiro avance dun dos mellores Festivais de música #debalde do país, como o Asalto ao Castelo. O Festival das Carrilanas Esteiro 2020 xa ferve (de feito dende o día 1 despois da edición do ano pasado xa está en marcha) coas primeiras propostas musiqueiras que acompañan á carreira de vehículos sen motor máis divertida, e intensa, do planeta. Así que cómpre ir reservando a fin de semana de 17, 18 e 19 de xullo de 2020.

Xoel López fará de terceira escudería para o Festival, un dos artistas galegos máis representativos e influíntes a nivel nacional.

Unha das máis bandas máis demandadas do momento son Ortiga. O artista compostelán aprópiase dos ritmos latinos no seu “Chicho & Sus Chichas”, para facernos bailar a tope.

E en clave local, os primeiros profetas na túa terra (seguro que serán máis bandas locais as que subirán aos escenario) teremos a The Rapants, sañidos directamente da factoría da #SalaNasmo, surfeando de #Montelouro ata #Parameán. Despois dun 2019 tremendo, con xira por todo o país, presentarán o seu novo traballo “Cariña de Raposo”,facendo divertir a todo o que se atreva con eles.

Novas relacionadas

Comentarios