Martes. 19.03.2024
El tiempo

O CEIP de Esteiro mergúllase “Músicas da nosa vida” cun concurso interxeracional

As Musicas das nosas vidas COle Esteiro
O CEIP de Esteiro mergúllase “Músicas da nosa vida” cun concurso interxeracional

Parte do sentido de termos un diario dixital comarcal, é a posibilidade de compartir as boas prácticas educativas dos nosos centros de ensino, coa intención de outros centros veciños tomen boa nota e sumen iniciativas ao seu bloc de proxectos a desenvolver.

Un deles atopámolo no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro. O cole muradán está arrincando un fermoso proxecto interxeracional, que vincula a toda a comunidade educativa. Titulado “A música das nosas vidas”, trata de que a rapazada, xunto coas familias, fagan un percorrido polas músicas que foron escoitando as bisavoas, as avoas, as nais, as curmás… para chegar aos tempos de hoxe en día. “Preténdese achegar ao alumnado a diferentes estilos musicais e descubrir a música doutras épocas, traballar o texto poético e as creacións musicais, aprendendo dunha forma motivadora a través do vínculo afectivo do alumnado coas súas familias”, explican dende o centro.

Precisamente o primeiro que farán será investigar sobre a música que os avós e avoas escoitaban no seu momento, para facer un espectáculo invitando ás avós e avoas a participar nunha concurso como os da tele, chamado “Triunfa coa voz”. Este venres 10 de febreiro será a primeira sesión do certame, a Edición Sénior, cando os maiores da comunidade escolar enchan o salón de actos do centro cantando a súa peza favorita.

Tocaralles pasar tamén polo escenario ás seguintes xeracións, pais e nais do alumnado. E por suposto, tamén terán a súa oportunidade as nais e pais e os propios nenos e nenas do centro quen interpretarán, nos seus respectivos concursos, cancións significativas para eles.

En cada un dos eventos, haberá un esixente xurado formado por representantes do alumnado do centro que decidirán quen serán os gañadores ou gañadoras de cada concurso.

As Musicas das nosas vidas

Comentarios