Cheo en Torea para a presentación do libro de Antón Rey
 
              
    08:02 23/07/25 
            Acollía onte o Local Social de Torea, en Muros, a presentación do novo libro de Antón Rey, Son galego [Editorial Medulia]. A resposta da veciñanza foi máxima e o Loca, quedou pequeno.
O acto contou coa presencia da Alcaldesa de Muros, María Lago e Caridad González, concelleira de Cultura, e o autor estivo arroupado por Henrique Monteagudo, presidente da RAG e Suso de Toro, escritor.
O autor, nado en Bos Aires, é neto de Juan Antonio Rey Vara, quen naceu en San Xián de Torea en 1908 e que emigrou a Arxentina en 1927 sen volver nunca á terra.
 
 
 
       
       
             
             
         
           
          