Martes. 23.04.2024
El tiempo

Concello e Adisbismur solventan o problema do transporte

Concello e Adisbismur solventan o problema do transporte

Tras varios meses, dende comezo de ano de negociacións, o Presidente da ADISBISMUR e a alcaldesa Caridad González sacaron esta foto que acaba coa disputa entre a entidade e o Concello de Muros arredor do transporte adaptado. Finalmente, os usuarios do centro de Valadares e de Stand de Noia poderán volver ir con normalidade tralo convenio asinado.

Así, o pasado 12 de marzo, o Concello de Muros vén de aprobar na xunta de goberno local, un contrato administrativo que lle permite a ADISBISMUR prestar o servizo de transporte que vai ser complementario ao que está a levar a cabo o propio concello e que era insuficiente por carecer de prazas que cubriran a todas as persoas usuarias.

Durante todo este ano, ata o 31 de decembro de 2012, a asociación ADISBISMUR realizará un servizo de transporte adaptado que vai servir de apoio ao que xa iniciou o concello muradán.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMI.

Comentarios