xoves. 02.10.2025
El tiempo

O Concello de Muros abre as portas do Camping A Vouga para facilitar a súa licitación

Camping A Vouga Muros
Camping A Vouga
O Concello de Muros abre as portas do Camping A Vouga para facilitar a súa licitación

O Concello de Muros sacará a licitación a xestión das instalacións do cámping A Vouga, en Louro, unha vez que xa caducou a actual concesión.

Por este motivo, organiza unha xornada de portas abertas para que todas as persoas interesadas poidan visitar o complexo e plantexar as súas dúbidas. A xornada será o próximo luns, día 6 de outubro, ás 17:00 horas.

“O cámping da Vouga é unha referencia na comarca, xa que leva máis de 50 anos aberto, e temos constancia do interese que hai na súa xestión, polo que antes de abrir o proceso de licitación queremos que se poida coñecer o estado das instalacións para que as propostas sexan axustadas e viables”, sostén a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Coa xornada de portas abertas, as persoas interesadas poderán visitar con calma o cámping, ver en que estado está o comedor, a cociña ou a obra que habería que executar coa licitación”. “Ademáis, o noso obxectivo é facer un proceso aberto, que calquera persoa o empresa poida presentar unha oferta”, remata Lago.

Comentarios