Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Castelo Rock, o festival que fai de Muros o epicentro do rock nacional

Horarios Festival Castelo Rock 23023
O Castelo Rock, o festival que fai de Muros o epicentro do rock nacional

Tan só quedan 24h para que teña lugar na vila de Muros a cita anual que organiza a A.C.R.D Praia do Castelo: O Festival Castelo Rock.

Os rapaces que conforman a asociación levan tempo traballando arreo para poder sacar adiante, unha vez máis, a XIX edición do festival que fará da Vila Muradá o epicentro do rock nacional”.

Esperan que máis de 3.500 persoas se acheguen a Muros a disfrutar do mellor do paromana rockeiro nacional.

A festa arrancará esta o venres coa sesión vermú da “DUENDENETA” na praza da pescadería para a posteriori as 19h coa apertura de portas de comezo no recinto. “TREGUA”, “O ́FUNKILLO”, “SINKOPE”, “DAKIDARRIA”, “ITACA BAND” E “THE RAPANTS”, volvendo aparecer a DUENDENETA para dar o final a este primeiro día do festival.

Xa no sábado 22, o día grande do festival dará comezo a primeira hora da mañá co “Campionato de fútbol para casteliños”, ás 10:30 da man de Fran Figueroa. Sguidamente as 11:30 na praza do Mercado da vila muradá estara “UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA”, tamén adicada aos máis cativos do festival.
As 12:45 no Curro da Praza terá lugar unha das actuacións máis esperadas desta decimonovena edición o “OrfeónRíadeMuros” mostrará a súa versio nmáis rockeira.
As 13:30 terá lugar a actuación de “Adhara & Ritman” no Curro da Praza, facendo unha session vermú que nos fará mover e de que forma o esquelete.

Xa pola tarde teremos o pasarrúas da man dos “Festicultores Troupe” dende a vella fábrica de Sel ata o recinto do festival facendo paradas estratéxicas para que a hidratación non sexa problema para ninguén dando comezo as 17:00 do mesmo xeito que os pintacaras que terán lugar no Curro da Praza.

As 19:00 abriránse portas do recinto para dar comezo as 19:45 a segunda xornada do festival, “ARCHIVO ADXUNTO”, “MAFALDA”, “EL DROGAS”, “ILEGALES”, “LOLA” e “ME FRITOS” farán disfrutar e de que xeito a todo aquel que se achegue a esta XIX edición.

ENTRADAS

As entradas anticipadas serán os abonos de 28€ + gastos de xestión e as entradas por día serán de 23€ + gastos de xestión. É posible conseguilas nas webs www.castelorock.gal e https://www.wegow.com.

Cartel Festival Castelo Rock 2023
Cartel Festival Castelo Rock 2023

NOVAS DO FESTI

Comentarios