Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Contando as horas para o Titanic do Furón

Festa do Furon voando co Titanic
Voando co Titanic na Festa do Furón 2019
Contando as horas para o Titanic do Furón

Cando soa o Titanic cáese a pista de fútbol do Furón. Máis ben voa, porque cando soa este mítico tema, as persoas collen ás e comezan a percorrer a pista polos aires. Unha festa que comezaba entre amig@s e que xa hai tempo se lles foi das mans para convertirse en case un festival de referencia na comarca.

Así o demostra a sesión vermú deste ano con 3 bandas referencias da comarca como os muradáns Lisdexia e The Rapants, e os carnotáns Adhara&Ritman, e sesión de DJ, demostrando que a cousa se está “indo de madre”.

Unha festa na que a entrada custa 20 euros, pero ademais da música inclúe barra libre de mexillóns, empanada, cervexa, viño… ata as 2:00h…

A cita deste 2022 será este sábado 27 de agosto. Hai unhas 600 persoas aproximadamente fixas, e moitos son grupos de xente de Ourense, Santiago, Camariñas… ou Santa Comba, de onde vén un grupo de 40 persoas…. Aquela churrascada de colegas na pista do Furón é toda unha festaza, cos 8 membros da directiva traballando arreo, pero tamén a veciñanza que se anima a colaborar na cantina, nas grellas….

Unha festa que ademais agradecer a hostalería da zona, petada durante toda a fin de semana.

Agora só queda disfrutar da festa, esperar para cantar o Titánic, e mercar unha rifa para ver se nos toca o galo.

Festa do Furon 2022-Programa horarios

Novas relacionadas

Comentarios