Martes. 19.03.2024
El tiempo

“O Curso de RCP debería ser obrigatorio para todo o mundo. Podes salvar vidas con poucas de aprendizaxe”

Curso de RCP en Muros
Alumnas do curso de RCP en Muros
“O Curso de RCP debería ser obrigatorio para todo o mundo. Podes salvar vidas con poucas de aprendizaxe”

Volveu armar Arturo Olveira, como fixera en 2019, organizar un Curso de Reanimación Cardiopulmonar e Primeiros Auxilios. O formador do Plan Nacional de RCP, coa colaboración da sempre activa Sala Nasmo, conseguiu desenvolver unha nova sesión destes cursos en plena pandemia, e cubrindo todas as prazas.

Este curso de Desfibrilación Externa Automática útil, tanto para a vida persoal, como a profesional, e deportiva, e mesmo algún d@s alumn@s destacou que “debería ser obrigatorio para todo o mundo”.

Arturo Olveira impartindo o Curso de RCP na Sala Nasmo de Muros
Arturo Olveira impartindo o Curso de RCP na Sala Nasmo de Muros

”É unha aprendizaxe moi interesante que se pode realizar nunhas poucas horas e os beneficios son importantes para poder axudar e salvar vidas dos que nos rodean”, explica Olveira. De feito, considera que “todos deberiamos ter a oportunidade de poder realizar, xa que aínda que nos últimos días se fixeron dous cursos a verdade e que quedou moita xente sen praza e que estaba moi interesada”, explica.

Ante esta situación invita “ás administracións locais a que deben extender estas actividades a toda a xente posible ou que traballe en centros onde se acumule certo número de persoas, é moi fácil poder axudar á xente cando sufre un percance se todos temos os mínimos coñecementos; por iso, insisto en que e moi importante saber como facer unha reanimación para poder axudar aos nosos amigos, compañeiros, familia.... ou simplemente salvar a vida dun igual”.

Olveira valora o cumplimento de “todas as medidas de seguridade as que nos obriga o estado de alarma nos que nos atopamos debido a pandemia da COVID”, soamente dicir, que Un curos útil para a vida diaria e para a vida.

Novas relacionadas

Comentarios