Un día enteiro dun máis perigoso lume en Muros
A pasada tarde de sábado a domingo, pasadas 20:45 rexistrábase outro máis que sospeitoso incendio forestal, con ata . Foi ademais moi preto da estrada que une Cee e Muros, a altura do Faro de Rebordiño, en Louro. Durante toda a noite, e durante todo o día, os medios de extinción (ademais dos voluntarios de P.C., GES, veciños, as brigadas municipais…) estiveron traballando para intentar controlalo, pois as lapas estaban moi cerca das casas.
A final da tarde do domingo xa ían 8 hectáreas arrasadas, pero máis alá da superficie é o medo a que haia unha traxedia. Un bo exemplo de que a norma da Xunta de non informar dos incendios que non cheguen a 20 hectáreas é algo ridícula.
O lume segue activo, e a xente, cada veciño, está de garda para controlar calquera sobresalto.
Medios traballando durante toda a xornada
O lume estivo activo toda a noite
Incendios na comarca
- 13-09-19: Novo incendio, con nocturnidade e alevosía, en Mazaricos.
- 09-09-19: Un incendio en Zas completou unha tráxica fin de semana na Costa da Morte.
- Incendio na Boca do Río: “Era unha bomba. Puido haber unha traxedia”.
- O incendio forestal arrasa 130 hectáreas en Fisterra.
Máis novas sobre incendios
- Maio 19: Segundo incendio en tres días en Fisterra.
- Marzo 19: Tres incendios en Baio, Fisterra Vimianzo fan saltar todas as alarmas tamén na Costa.
- Agosto 18: Fisterra, pasto dos incendiarios con 5 incendios en dúas semanas.
NOVAS SOBRE PREVENCIÓN
- Setembro 2019: Os Parques de Bombeiros volverán a mans públicas en 2020.
- Agosto 19: Ponteceso atrévese a meter man na xestión das franxas antiincendios.
- Falando de prevención: O Bombeiro durminte de Louro.
- Abril 19: “O lume non pode ser un negocio para ninguén”.