Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Un dispositivo para sacar da auga un coche aparcado no varadero de Muros: “Que es eso de las mareas?”

Coche sumergido porto muros
Un dispositivo para sacar da auga un coche aparcado no varadero de Muros: “Que es eso de las mareas?”

Xa o venres houbo algún coche que quedou medio sumerxido por mor da marea. Pero o deste domingo é a confirmación do clásico de verán no varadoiro de Muros. Coa chegada do verán e os problemas de aparcamento (esta finde era a fermosa celebración do Muros Mira ao Mar), as persoas de fóra, e ás veces ás da casa, arriscan aparcando nas rampas dos portos, sen contar coas mareas.

Desta volta foi un matrimonio de Murcia, que cando voltaba ao coche alugado, vía como estaba coa auga “pola cintura” e uns cantos rapaces sacándose fotos de mofa. Recoñeceron que non tiñan nin idea das mareas, e mesmo chegaron a pedir “un cartel cos horarios das mareas”, malia que na entrada do varadoiro hai un cartel ben grande que prohibe o estacionamento.

Coche sumergido porto muros 2

Dispositivo para rescatar un coche mal aparcado no varadero de Muros
Dispositivo para rescatar o coche

 

Así foi a do venres: 

Comentarios