Martes. 15.10.2024
El tiempo

Dous ex de Terbutalina nunha demoleadora xira con Thee Blind Crows

Samuel L Paris a dereita cos Thee Blind Crows
O muradán Samuel L. París, á dereita, cos Thee Blind Crows
Dous ex de Terbutalina nunha demoleadora xira con Thee Blind Crows

Pensaron, cando decidiron deixar a vertixe de Terbutalina, que ían ter uns anos tranquiliños. Pensaron que Thee Blind Crows ían ir máis a modiño, e que terían tempo para as familias, para ler, ou para escribir poesía. Pero nada máis lonxe da realidade. Hai tempo que Samuel L. París non ten tempo que adicarlle á poesía, porque a banda pntevedresa vai rapidísimo. Co que era xa compañeiro na banda muradá, o baterista Diego, e co guitarrista Al, están inmersos nunha xira debastadora por toda a península.

Sitúanse nun cruce de camiños entre o blues e o punk, deixando uns directos absolutamente demoledores, como este de Málaga:

 

E febreiro arrincaban a xira na Madrigrass da Coruña, xa colgaron o cartel de #SoldOut en Málagfa e se preparan para actuar en festivais como o Freakland Festival (Ponferrada), Beerock Festival (Burgos), Festival Fuzz in the City (Bilbao), Festival Touliña Pop (Sada), Festival Yabba Dabba Doo (Gandía), fiesta de presentación en Madrid del Prestoso Fest...

As vindeiras datas galegas serán este 30 en Cambados, o 26/04 na Sala Super8 de Ferrol, o 27/04 na Sala Real de Aguiño, ou o 01/05 no MoMo de Cangas do Morrazo.

A ver se algunha cita festivaleira ou algunha sala da volta se anima a traelos.

 

Novas relacionadas

Comentarios