Martes. 30.04.2024
El tiempo

Eiminado un punto de vertido á ría de Muros dende a praia de Virxe do Camiño

Praia Virxe do Camino de Muros
A Praia Virxe do Camiño de Muros é precisamente unha das que ten prohibido o baño por
Eiminado un punto de vertido á ría de Muros dende a praia de Virxe do Camiño

A pasada semana Técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia e o Concello de Muros conseguían eliminar un punto de vertido de augas residuais municipal que vertía á ría de Muros e Noia, no concello de Muros. 

A orixe tiña lugar nunha rede de augas pluviais que vertía directamente á ría, a través dunha tubaxe no muro de contención na praia de Virxe do Camiño, unha das máis contaminadas da Costa da Morte, que leva máis de 5 anos sumando analíticas que sinalan que a calidade da auga é “insuficiente” para o baño, polo que a Xunta as elimina directamente do censo ata as que administracións locais tomen cartas no asunto. 

O persoal inspector logrou localizar ese punto, e Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento da entidade local para que levara a cabo as medidas oportunas para a emenda do vertido irregular.
Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos autonómicos constataron a emenda do punto de vertido cara a ría, logo de levarse a cabo as obras de selado da tubaxe e a conexión cara a rede de saneamento municipal.

Veremos se de cara ao verán as analíticas melloran e se volve permitir o baño.

Comentarios