As 3 praias nas que non te debes bañar este verán na Costa da Morte
- Lires e Camelle están en proceso de avaliación para recuperar unha calificación positiva.
- A comarca conta con 25 praias sen fume.
Chega o verán e toca facermos balance do estado das nosas praias. Xa repasamos as : 10 praias costeiras nas que ondeará a Bandeira Azul e tamén vimos como os nosos areais non pasarían con nota a Directiva Europea de Medio Ambiente, tendo en conta a cantidade de plásticos que sofren.
Pero hoxe analizamos a calidade das nosas augas de baño, poñendo o foco nas 3 praias que aínda teñen o cartel de “prohibición permanente do baño”. Falamos dos areais urbanos de Area da Vila (Camariñas), A Concha (Cee) e A Virxe do Camiño (Muros). Os 3 levan máis de 5 anos sumando analíticas que sinalan que a calidade da auga é “insuficiente” para o baño, polo que a Xunta as elimina directamente do censo ata as que administracións locais tomen cartas no asunto.
Un asunto que demostra que o saneamento dos cascos urbanos é un asunto chave nesta materia.
Concretamente, no caso camariñán, o grupo de goberno vai pedir á Xunta que volva someter a vixilancia a praia de Area da Vila, xa que o ano pasado ano leváronse a cabo dúas melloras no saneamento para solucionar os vertidos ao mar que se estaban a producir e intentar así mellorar a calidade da súa auga. O Concello vai enviar toda a documentación, como fixo no caso de Camelle.
Precisamente o de Camelle é un dos dous areais que saíron desa exclusión de análise. Iso si, pendentes están de novas analíticas, atopamos as praias de Camelle (que o ano pasado se quitaba o cartel de “pechada permanentemente”) e Lires, que tras anos de peche, e unha vez que o concello tamén acometeu medidas para solventar a súa problemática, está en proceso de “Avaliación”.
Así, no Mapa oficial do Sergas das zonas de baño de Galicia, atopamos máis dun cento de trianguliños verdes (praias con calidade de auga “excelente”); un só triángulo amarelo (a de Camelle, que ten calidade “boa”), e dous puntos vermellos: A de Virxe do Camiño (pechada ao baño permanentente) e a de Lires (con calificación provisional “insuficiente” á falta de novas analíticas).
Praias sen fume
Para os que odien as cabichas, todas estas son praias sen fume, de norte a sur:
- Ponteceso: Niñóns, Osmo, Ermida, Balarés.
- Cabana: Rebodelo.
- Laxe: Laxe centro e Laxe esquerda, Soesto, Traba.
- Camarilas: Arou, O Lago, Lingunde, Ariño.
- Muxía: Os Muíños, A Cruz.
- Corcubión: Santa Isabel, Quenxe.
- Dumbría: Ézaro.
- Carnota: San Pedro do Pindo, Praia de Carnota, Lira, Lariño.
- Muros: A Rocha, Cabo e Ventín.
Novas relacionadas
- Maio 22: A Costa da Morte mantén as 10 praias con Bandeira Azul.
- A Costa da Morte conta con 17 praias sen fume.
- Abril 2021: A praia de Camelle quítase o cartel de "auga non apta para o baño”.
- Agosto 2020: A praia de Camelle volve a ser incluída nos controis oficiais da calidade da auga da Xunta de Galicia.
- Xuño 2020: As 5 praias da Costa da Morte esquecidas polas administracións nas que está prohibido o baño.