Venres. 11.10.2024
El tiempo

Emprendendo o cambio xeracional na ACD Tordoia de Xenebra con raíces costeiras

Álvaro García Fernández coa sua nai Maria Carmen
Álvaro García Fernández coa sua nai muradá Maria del Carmen
Emprendendo o cambio xeracional na ACD Tordoia de Xenebra con raíces costeiras

O 1 de xullo de 1983 un grupo de galegos e galegas residentes en Xenebra e amantes do balompé principalmente presentaron os estatutos que gestaron a Asociación Tordoya F.C. Unha época na que o censo de galegos na zona ascendía a 10000. Aproximadamente uns 2200 deses galegos e galegas atopábanse asociados e repartidos entre as catro casas de Galicia existentes no momento. As festas tradicionais como o Carnaval, a Pascua, as Letras Galegas, o San Juan, o Magosto e, incluso o fin de ano, foron referentes para reunir á colectividad.

Co tempo, a asociación dispuxo dunha sé en forma de restaurante onde se traballou a gastronomía galega e, aos poucos tomando como referencia a outras asociacións galegas en Xenebra, creou en 1989 o seu propio grupo de música e baile tradicional que aportou un movemento novo con novas inquietudes á entidade. En 1995 a entidade presumía dun gran número de socios e se rebautizou como Aires da Nosa Terra de Tordoia.

O balompé desenvolveuse con normalidade mentres que diferentes gaiteiros pasaron pola asociación para impartir clases de música. No ano 2010, ante a falta de profesorado e durante cinco anos, Pepe Constenla, José Antonio Constenla e Katia Novoa tomaron as rendas do grupo aportando un cambio de aires, un repertorio amplo e selecto con calidade nas técnicas de ejecución e acabado. O grupo alcanzou así o seu mellor momento participando en grandes actividades en colaboración con outras asociacións como A Nosa Galiza de Xenebra tanto no país helvético como na Francia veciña.

A asociación Tordoia tamén estivo presente na activación da Federación das Sociedades Galegas en Suiza. En 2016 a demolición do edificio na que se asentaba a sé da entidade obrigou aos seus socios a buscar unha nova localización. Todo isto provocou un parón na actividade deportiva, un descoido das funcións por parte da directiva. Aínda así, un grupo de socios e socias decidiron manter á boia o navío Tordoia e facer fronte ás tempestades. É así como en 2019 conséguese unha nova directiva. Xente nova e emprendedora, con grandes ideas e iniciativas que se apoian na experiencia dos veteranos para manter o equilibrio e retomar as actividades como o balompié e o grupo folclórico.

FC TOrdoya - Ginebra 2021

Álvaro García Fernández como presidente, Manuel Piñeiro Maya como vicepresidente e a nova responsable de grupo Sara Martín son os novos responsables de surcar os mares da diáspora para levar á asociación a bo porto.

trio da directiva do AD Ginebra Tordoia
Manuel Piñeiro, Xosé Lois “Lucio” e Álvaro Fdez.

Mocidade e raíces da Costa da Morte á fronte da presidencia do ACD Tordoia

Álvaro García Fernández de 22 anos e nado en Xenebra é fillo de emigrantes galegos en Suiza. A súa nai María del Carmen Fernández, natural de San Pedro de Muros, ten 52 anos e chegou a Suiza con 22. O seu pai Celestino García é natural de Tordoia e desde os 16 anos reside no país helvético. Chegaron moi novos en busca de traballo e novas oportunidades. O seu pai foi un dos socios fundadores da entidade.

”Practicamente crieime no mundo do asociacionismo. Con once anos debutei no equipo de fútbol onde forxei grandes amizades e recordos. Non tiven a sorte de formar parte do grupo folclórico no meu adolescencia por falta de tempo e tamén de iniciativa pero é algo que pretendo remediar nesta nova etapa. Chego con atraso pero con moita ilusión e motivación” contaba.

Este novísimo presidente compaxina os seus estudos universitarios de traballo social cun traballo como conserje e axudando á súa nai no seu traballo. “Mantéñome moi activo e, aínda que en ocasións séntome desbordado, agradezo o apoio e a axuda que recibo da xente que me rodea”, continuou.

Desde xuño do 2020 este mozo emprendedor tomou a responsabilidade de continuar co legado da ACD Tordoia que marcou a súa infancia. Unha substitución generacional cheo de aire fresco, ilusión, novos retos e unha nova vida para unha entidade que, como a gran maioría das asociacións asentadas no exterior pasaron por dificultades ou desapareceron.

”Temos a intención de dinamizar a entidade cun novo local, crear proxectos e actividades culturais, musicais, literarias, culinarias, tradicionais e asociativas. Temos a gran sorte de contar coa axuda de persoas con moita experiencia que nos orientan e responden ás nosas dúbidas. Doutra banda, a motivación e ilusión da mocidade permítenos avanzar lentos pero seguros. Espero que as institucións apóiennos da mesma forma cando as necesitemos” conclúe.

Outros artigos de Alejandra Plaza

Comentarios