Os escolares de Muros únense a salvar o planeta

Panorámica da limpeza da praia de Louro

Son accións de verdadeiro impacto nas súas pequenas cabeciñas. Accións directas, que ademais de limpar un areal, serven para concienciarse da incidencia das nosas pequenas accións sobre o medio ambiente. Cada cabicha, cada anaquiño de plástico que recolleron quedará fixado na súa memoria no futuro.

O CEIP Plurilingüe de Louro e o IES As Insuas uníronse á Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA. Senda Nova non falou á cita da fin de semana pasada e limpou un mar de microplásticos en Baldaio, pero o mal tempo obrigou a aprazala cita dos escolares. Por Fisterra aínda esperan unha data, pero por Muros xa abordaron a sesión.

A rapazada do CEIP Plurilingüe de Louro eliminou case 60 kg de lixo da Praia de San Francisco (Louro). Había moita cabicha, moito plástico xa deteriorado polo mar e en anaquiños, moi difícil de separar do algaso. polo que a recollida foi complicada. Impacta menos visualmente pero o efecto é maior, evitando que acaben convertíndose en perigosos microplásticos.

O alumnado do IES As Insuas recolleron uns 90 Kg no areal de Paramean (Esteiro).

Ver aos cativos cantar Salvemos o planeta non ten prezo.

NOVAS RELACIONADAS

LIMPEZAS VOLUNTARIAS DE 2019