Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Os escolares de Muros únense a salvar o planeta

Limpeza praia de Louro
Panorámica da limpeza da praia de Louro
Os escolares de Muros únense a salvar o planeta

Son accións de verdadeiro impacto nas súas pequenas cabeciñas. Accións directas, que ademais de limpar un areal, serven para concienciarse da incidencia das nosas pequenas accións sobre o medio ambiente. Cada cabicha, cada anaquiño de plástico que recolleron quedará fixado na súa memoria no futuro.

O CEIP Plurilingüe de Louro e o IES As Insuas uníronse á Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA. Senda Nova non falou á cita da fin de semana pasada e limpou un mar de microplásticos en Baldaio, pero o mal tempo obrigou a aprazala cita dos escolares. Por Fisterra aínda esperan unha data, pero por Muros xa abordaron a sesión.

Alumnado do CEIP de Louro trala Limpeza Simultanea de PraiasAlumnado do IES As Insuas na Limpeza Simultanea de Praias

Alumnado do IES As Insuas limpando a praia de Esteiro

A rapazada do CEIP Plurilingüe de Louro eliminou case 60 kg de lixo da Praia de San Francisco (Louro). Había moita cabicha, moito plástico xa deteriorado polo mar e en anaquiños, moi difícil de separar do algaso. polo que a recollida foi complicada. Impacta menos visualmente pero o efecto é maior, evitando que acaben convertíndose en perigosos microplásticos.

O alumnado do IES As Insuas recolleron uns 90 Kg no areal de Paramean (Esteiro).

Ver aos cativos cantar Salvemos o planeta non ten prezo.

NOVAS RELACIONADAS

LIMPEZAS VOLUNTARIAS DE 2019

Comentarios