Venres. 29.03.2024
El tiempo

O fenómeno do ingüeiro de Louro, a vista de paxaro

O fenómeno do ingüeiro de Louro, a vista de paxaro

Un espectáculo natural que non se dá todos os anos, pero polo que moitos como Manuel María Candamo agarda con ilusión. Este ano comezou o pasado venres 8 de marzo, e durante esa mesma tarde os que se achegaron por Louro puideron disfrutalo. Un deles foi Jaime Martínez García, que sacou os drones para permitirnos disfrutar do espectáculo, cazando ademais a Candamo en primeira fila.

Xa nos contaban o ano pasado que cando o “lajo” rompe, dase unha situación moi especial. Cando hai moita enchenta de auga, a lagoa das Xalfas rompe, e unha lingua de auga a une co océano Atlántico, atravesando as dunas da praia de Louro.

Unha práctica que os labregos do século pasado facía a propósito cando a auga anegaba as agras do arredor, ca práctica chamada “ir a rebentar o ingüeiro”.

Hai un intenso debate sobre a etimoloxía da palabra. Antón Lado, creador no seu día dunha asociación co nome Ingüeiro, contábamos polo miúdo que precisamente vén de lingua->lingüeiro->ingüeiro, rematando foneticamente nunha forma unificada “oingüeiro”.
Pero o certo é que en portugués existe a forma ingueiro, que remite a unha planicie de area situada entre dúas rochas e que aparece cando marcha a auga de entre as rochas. Con isto non é que nos situemos no punto de partida e descartar a etimoloxía "lingüeiro", pero non se pode descartar outra orixe que teña máis que ver con "ingua": parte que se sitúa entre dúas cousas como elemento de unión (as ingles, por exemplo).

 

Comentarios