Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Garda Civil sanciona un local de lecer nocturno de Muros por vender alcohol a menores

Posto da Garda Civil de Muros
Posto da Garda Civil de Muros
A Garda Civil sanciona un local de lecer nocturno de Muros por vender alcohol a menores

A Garda Civil do Posto de Muros, Santa Comba e a Patrulla de Fiscal de Noia sancionou esta pasada fin de semana un establecemento de lecer nocturno na localidade de Muros pola venda de alcohol a menores.

A operación coomezou a raíz dunha denuncia veciñal pola venda de alcohol de forma reiterada a menores de idade. Despois de varios operativos, a Benemérita verificou que no interior do local estábase vendendo nese mesmo momento alcohol a 8 persoas menores de 18 anos.

A Garda Civil estendeu acta denuncia polo incumplimiento da normativa vigente sobre medidas sanitarias do Covid, fumar interior do establecemento, así como ao propio local por executar e tolerar ditas condutas.

Comentarios