Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Inés Monteagudo: “En Muros, a presencia da muller na vida institucional sempre foi importante”

Ines Monteagudo alcaldesa popular de Muros
Inés Monteagudo, alcaldesa popular de Muros
Inés Monteagudo: “En Muros, a presencia da muller na vida institucional sempre foi importante”

Xa van dous meses dende a investidura das 4 novas alcaldesas da comarca. Xa temos falado con Margarita Lamela, e hoxe queremos falar coa popular Inés Monteagudo, alcaldesa de Muros.

Dous meses nos que xa se puido decatar da precaria situación municipal, pero nos que non tivo tempo para ir á praia ca famila. “De momento, o que máis me trastorna son as bodas”, di entre risas. “Xa o primeiro día unha parella viñeron a pedirme que os casara, e foi unha alegría pero tamén creo que é unha responsabilidade, pois estou sendo testigo dun compromiso vital”.

“Estamos aquí no medio”, recoñece como rexedora dun Concello a cabalo entre a Barbanza e a Costa da Morte.

 
  • QPC: Como se leva ese cambio de vida? Que tal a familia?

Isto require máis atención e máis trato ca xente, pero non variei demasiado as rutinas. Variei no sentido de que en vez de ir polas tardes coa miña familia á praia ando de ronda polos barrios, para detectar necesidades, para como están indo as cousas que estamos facendo. Ademais, estou acostumada a acodir a ir a moitas cousas e eventos, da miña experiencia en entidades, asociacións ou como portavos do partido.

 
  • QPC: 4 alcaldesas novas na comarca con respecto á anterior lexislatura. Que supón isto para unha zona que está habituada a chegar tarde aos cambios? Que diferencias aportades aos alcaldes masculinos?

Como dixen no pleno de investidura, temos que agradecer a labor de todas as mulleres que antes que nós estiveron en distinto postos, como as dúas alcaldesa la que xa tivemos. É de agradecer o camiño que foron abrindo e que foi un camiño que non ten marcha atrás. Aquí concretamente en Muros a presencia da muller na vida institucional é bastante importante. Temos notarias, xuízas, farmacéuticas… na propia corporación somos 8 mulleres por 5 homes. Creo que debe chegar o día no que isto xa non sexa noticia.

 
  • QPC: Tamén en clave feminina, Muros é un dos 5 concellos de Galicia onde todas as voceiras dos grupos municipais son mulleres. Que implica iso na política municipal e nos plenos?

Creo que que os plenos sexan broncos non ten nada que ver coa condición sexual, ten que ver máis ca condición humana.

 
  • QPC: Como cre que van ser os plenos desta lexislatura?

Pois empezamos a lexislatura corrixindo defectos e nos plenos que levamos ata agora, o ton foi algo mellor, rápidos, porque eu son bastante rápida despachando, pero houbo un ton máis correcto, e de feito no último aprobamos todos os puntos por unanimidade. É de agradecer a colaboración de toda a corporación, e espero que se poñan do lado dos intereses para Muros. Outra cousa é o xogo político e a onde o queira levar cada un.

 
  • QPC: Que foi a primeira cousa que fixo ao sentarse no despacho?

Chamar o electricista porque non funcionaban as luces.

 
  • QPC: Como se atopou o Concello?

A verdade é que o atopei peor do que esperaba. Eu esperaba atopar cousas paralizadas, atascadas… pero atopei moitas máis das que esperaba.
Atopei unha parálise institucional importante. Xa tivemos que pedir prórroga para varias cousas porque remataban o prazo o 30 de xuño; tivemos que acelerar licitacións incluso de 2017. E a situación dos expedientes, trámites administrativos, a atención aos veciños… bastante mal… Por falta de impulso, de liderazgo, ou de facer un seguemento máis incisivo das cousas…

Cóntoche unha anécdota. Hai pouco vexo nas alertas do ordenador, un aviso urxente da Policía Local. Imprimo e vexo que é de 2017, e penso que se equivocaran ao datar o documento, pero cando chamei me dixeron que xa era urxente en 2017, e que agora seguía séndoo…

 
  • QPC: Había algunha sorpresa grave nos caixóns?

Xa se perderon cartos, por exemplo co Fondo de Compensación Ambiental, que non se puideron pedir por non presentar as Contas en prazo. Foi unha cuestión de capricho, porque tivemos o pleno para aprobar as contas, e era o último día. Non puideron presentalo por un temas informáticos e ao final perdimos 150.000 que serían moi importantes para Muros.

 
  • QPC: Que carencias máis graves sofre o Concello de Muros?

Creo que hai que poñer orde na casa. Hai que facer os orzamentos e hai que rematar a Relación de Postos de Traballo, e crear as condicións de partida necesaria para afrontar proxectos de máis trascendencia. É un traballo que non se ve moito pero é necesario, porque non temos ferramentas para afrontar proxectos. Porque cos orzamentos prorrogados dende 2015, e sen RTP, con moitas prazas vacantes, baixas… unha brigada e unha Policía Local moi mermados…

 
  • QPC: Que supón estar cos orzamentos prorrogados dende 2015?
Supón que tes reparos de intervención para todo. Supón un atascto administrativo tremendo. Se tes que facer unha modifiucación de crédito, para pagar ou contratar algo, é unha carga administrativa supçérflua, que non debería asistir, e atasca, porque tes que dedicar profesionais a eso en vez de a outras cousas. é unha lacra importante.
E claro, supón moitas limitacións nos gastos, porque hoxe hai cousas que en 2015 non existían. E sen falar de proxectos estrartéxicos, só falándose ao día a día.

 

  • QPC: E como van entón? 2019 ou xa 2020?

Pois estamos traballando nos orzamentos de 2020, somos realistas. Aínda temos que acabar o traballo de modificacións de crédito e orzamentarias (aínda acabamos de aprobar unha modificación da ARI (Área de Rehabilitación Integral) porque había xente sen cobrar as axudas dende 2017). Nós estamos traballando nas necesidades que se terán que incorporar no esqueleto dos documentos.

Temos bastantes obras en proceso de limitación, porque o POS do 18 está a medias e o POS do 19 está por licitar. E xa no 2020 pensamos máis en mantemento, na posta apunto, en zonas de ocio, parques infantís, campos…
Antes de meternos grandes proxectos, queremos poñer a punto.

Paralelamente estamos revisando as ordenanzas, sen incrementar os impostos, pero si actualizándoas.

 
  • QPC: Que proxectos de futuro quere desenvolver o PP de Muros?

Si que queremos recuperar o Edificio da Lonxa Vella, un edificio emblemático, fantástico, no centro de Muros, con aparcamento, accesibilidade… e que agora mesmo é un galpón da brigada de obras. Gustaríanos que ese edificio recuperase a importancia na vila de Muros, pero tamén require unha serie de pasos previos que hai que afrontar, como atopar un espazo para as brigadas.

 

A obra do Cine está a punto de adxudicarse, porque tivemos que facer 5 mesas de contratación, porque había cousas atascadas por varias alegacións presentadas por unha das empresas que se presentaron.Vaise facer o proxecto que estaba aprobado, reforzar a estrutura e poñer a cuberta, toda a parte exterior. Nós queríamos facer un vaciado, pero foi este aprobado, e aseguráronnos que o edificio, que vai quedar diáfano, se vai poder utilizar para algunha actividade. Veremos, porque é unha obra complicada, e a situación do edificio é moi difícil, aínda o outro día caeu unha das últimas vigas…

 
  • QPC: Como se pode dinamizar o parque empresarial?

Xa tivemos xuntanzas cos empresarios como oposición e as retomaremos en breve, pero pedían cousas moi básicas como a recollida de lixo, internet… Agora no polígono teñen fibra (tamén están poñendo por todo o concello) e iso igual abre portas para novos negocios.

 
  • QPC: Que medidas se pretenden formular para loitar contra a estacionalidade do turismo?

Temos que ter unha oferta cultural boa e atractiva. Porque se ves aquí e non tes certa actividade cultural se che pode facer un pouco longo unha estancia en inverno. Ofrecer paquetes para familias. Tes que aproveitar os eventos de todo o ano (cabalgata, antroido, Semana Santa…) para construílos nun polo de atracción para montar arredor deles outro tivo de actividades, servizos…
Aquí temos sorte porque temos un montón de asociacións que fan un traballo impresionante. Na nosa idea temos visibilizar ese traballo, ao mellor puidendo ofertar que unha persoa que veña poida ver un ensaio de baile, ou unha clase de pandeireta… Sirve para visibilizar o seu traballo e pode ser un atractivo máis.

 
  • QPC: De feito, ben estamos ao día da marea musiqueira de Muros. Que se pode facer por aí?

A intención é crear sinerxias entre a Sala Nasmo coa Escola de Música, que temos que dinamizala porque está algo paradiña.

 
  • QPC: Como vai a recollida de residuos, seguirán sufrindo os veciños problemas de vez en cando?

Estamos adheridos ao servizo que ofrece a Comunidade de Concellos Serra da Barbanza, e que xestiona a planta de Lousame, que ten a concesión FCC, cun contrato de hai 20 anos, que a xestión contractual estña dando moitísimos problemas, cunha xudicialización de varias cuestións. O contrato remata dentro de 3 anos e haberá que valoralo.
Mentres estase intentando encauzar a situación, e de tratar de atopar vías de solución aos problemas que xorden sen ir á vía xuducia, pero hai un un tema económico moi importante. Pero dende a nosa perspectiva estamos pagando un servizo que non estamos recibindo correctamente. É un problema recurrente, que non se vai solucionar dun día para outro.
Tratamos de paliar momentos de urxencia, pero non é viable, porque cando recollemos o lixo cas nos brigadas, non nolo recollen na pranta.
Por exemplo, o camión pequeno estropéase continuamente, que é o que pasa polos lugares complicados de Muros e Carnota. E nós o que podemos facer é achegar á carretera principal…

 

Xa se licitou a ampliación dos vestiarios. A verdade é que a Federación Galega se amosou moi preocupada e se brindou a facer un proxecto para renovar o tapete. A idea é acometer esa obra co Plan da Deputación deste ano para facer as dúas obras seguida, unha tras outra, ao longo de 2020, se a corporación o aproba. Haberá seguramente que repartirse seguramente cos outros campos.

Novas relacionadas

Comentarios