Mércores. 24.07.2019
El tiempo

#CarruselElectoral: Margarita Lamela, Inés Monteagudo e Mónica Rodríguez novas alcaldesas de Cee, Muros e Vimianzo

Margarita lamela nova alcaldesa de Cee cos seus edís do PSOE-Foto-Rafa Quintáns
Margarita lamela nova alcaldesa de Cee cos seus edís do PSOE-Foto-Rafa Quintáns
#CarruselElectoral: Margarita Lamela, Inés Monteagudo e Mónica Rodríguez novas alcaldesas de Cee, Muros e Vimianzo

Este sábado 15 de xuño teñen lugar os pleno de constitución das novas corporacións municipais. Unha cita tranquila na metade dos nosos concellos, pero moi tensa noutros 7 concellos onde as negociacións se apuraron ata última hora como fumos comprobando no noso Pactómetro.

Se en Santa Comba ou Malpica houbo sorpresas de última hora, con pactos relativamente singulares, nos plenos de Cee, Muros e VImianzo non pasou tal.

Foto de Rafa Quintans no pleno de investidura de Cee
Gran expectación no pleno ceense, con presencia dos traballadores de Ferroatlántica-Foto-Rafa Quintáns

En Cee, como se esperaba, non houbo partida de xadrez a pesar dos ruxe-ruxe que se moveron polas rúas. Houbo cinco candidaturas presentadas, e como non houbo maiorías, a forza máis votada, PSOE sitúa a súa candidata, Margarita Lamela, como nova alcaldesa. Quedan atrás anos de goberno de Ramón Vigo na vila da Xunqueira.

Margaruta Lamela
Margarita Lamela recibindo de Antonio Domíguez, como edil de máis idade, o bastón de alcaldesa-Foto-Rafa Quintáns
Margarita Lamela cos seus pais no pleno de investidura-Foto-Rafa Quintans
Margarita Lamela cos seus pais durante a investidura-Foto-Rafa Quintáns
Margarita Lamela recibindo o bastón de alcaldesa de Antonio Domínguez, o edil de máis idade do pleno ceense-Foto- Rafa Quintáns

Por Muros, noutro pleno ateigado, tampouco houbo sorpresas de última hora, e todos votaron a si mesmos. Deste xeito, Inés Monteagudo (nesta foto), como candidata da forza máis votada (PP), eríxese como nova alcaldesa, tomando o relevo de María Xosé Alfonso, que foi ata hoxe alcaldesa de CxG. O BNG abstívose, mentres que PP, PSOE e CxG se votaron a si mesmas, nun dos únicos 5 concellos de Galicia onde as 4 candidatas eran mulleres.

Ines Monteagudo nova alcaldesa de Muros
Inés Monteagudo, nova alcaldesa de Muros, aplaudida pola socialista Caridad González-Foto-Xose Sendón

En Vimianzo, non houbo sorpresas de última hora (o posible pacto entre Adiante Vimianzo e PP non se fixo efectivo) e todas as forzas se votaron a si mesmas, de xeito que a candidata da forza máis votada, Mónica Rodríguez (PSOE) eríxese como nova alcaldesa tomando o relevo de Manuel Antelo.

Monica Rodriguez nova alcaldesa de Vimianzo

Todas as novas das Eleccións

Comentarios