Venres. 19.04.2024
El tiempo

Juan Jesús Gestal Otero: “É moi importante que agora procuremos estar confinados”

En marzo avisábanos de que a cousa ía ser para longo, e en xuño lembraba a importancia de cumplir as tres normas de prevención para conter o virus. Hoxe, cando o país afronta o golpe da segunda onda, queremos falar de novo co epidemiólogo Juan Jesús Gestal Otero, Profesor Emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública, e Director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia.
Juan Gestal nos Directos QPC
Juan Jesús Gestal Otero nos #DirectosQPC o pasado mes de xuño
Juan Jesús Gestal Otero: “É moi importante que agora procuremos estar confinados”
  • QPC: Como ves a evolución da pandemia a estas alturas? Era o previsto cando nos falabas desa segunda onda de outubro?

No mes de setembro a curva de casos amosaba unha meseta e mesmo comezaba a diminuír cando de repente, mediado outubro, comezou a tirar para arriba, como se unha nova curva rápida ascendente se xuntase coa que estaba descendendo. Sabíamos que no outono e no inverno se daban mellores condicións climatolóxicas para a difusión do virus: máis frío e menor humidade que respectivamente obrigan a estar máis en lugares pechados e que favorecen a formación de aerosois e a transmisión do virus. En Galicia a situación é menos mala que noutras comunidades, algunhas xa a piques de colapso hospitalario. Por fin están comezando a tomarse medidas; dezasete medidas diferentes. Unha vez máis vólvese a chegar tarde. Confiemos que se acerte.

 

Uns poucos casos en zonas de baixa poboación fan que as incidencias varíen moito de. Agora a nosa zona xa volve estar menos afectada. Temos de vantaxe de que é moi rural, a poboación vive moi dispersa e isto é bo, pois dificulta a transmisión. É moi importante que agora procuremos estar confinados, saíndo só para o imprescindible, e xuntándonos só cos convivintes ou con amigos cos que formemos unha burbulla, se estamos en zonas onde estea permitido, e sempre en exteriores, cumprindo coas medidas de protección de distancia de seguridade, uso de máscara, ventilación e hixiene de mans.

 
  • QPC: Imos tardar en volver a aplanar a curva?

Nun par de semanas, alá polo próximo día 21 comezaremos a saber se as medidas adoptadas están funcionando, e se debemos continuar con elas ou implantar outras máis drásticas, e poderemos entón comezar a ver cando poda aplanarse a curva. A ver se para dentro dun mes se consegue. O ideal sería chegar ao Nadal con incidencias por baixo dos 25 casos por 100.000 habitantes.

 
  • QPC: Cres que as medidas que se están tomando van para longo? Como estaremos polo Nadal?

É moi difícil facer unha previsión. As incidencias actuais son moi elevadas, e para o Nadal falta pouco tempo. Estas últimas medidas que se adoptaron ata o 5 de decembro, son nas zonas con peches perimetrais case como un confinamento, aínda que menos drásticas que as da pasada primavera, e non sabemos cales serán os seus resultados: o toque de queda frea os contaxios pola noite; os peches perimetrais dificultan que se infecten as zonas que están menos afectadas; o peche da hostalería, a prohibición de xuntanzas entre non convivintes domiciliarios e as medidas reducións de aforos diminúen os contactos durante o día. Medidas todas que tratan de impedir a transmisión diminuíndo os contactos entre as persoas. En que medida serán efectivas é algo que non sabemos, pero son menos lesivas para a economía que os confinamentos como os da pasada primavera que si sabemos da súa capacidade para aplanar a curva.

 
  • QPC: Cres que acabaremos confinados de novo? E os coles?

Se estas medidas funcionan non, pero non sabemos. En calquera caso o novo confinamento, se se producise non sería igual ao da primavera pasada, os colexios de infantil e primaria poderían seguir abertos, e non sei se tamén os de ESO e BUP. Hoxe sabemos que o papel dos nenos na transmisión non é importante, non sei se porque teñan menos receptores ACE-2 para o virus, e por iso se infecten menos ou con cargas virais máis baixas incapaces e transmitir a infección, ou porque teñan a inmunidade innata moi estimulada pola cantidade de vacinas que reciben. Ademais estamos observando que as medidas que se puxeron en marcha nos colexios están funcionando moi ben. De todos modos non hai que baixar a garda pois aínda estamos no ecuador do outono.

 

Entrevista con Gestal en QPC

  •  

Comentarios