Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: 6 concellos en alerta vermella

Mapa de Covid Galicia 07-11-2020
No Mapa de Covid deste 07-11-2020 nótase a mala evolución de nas dúas últimas semanas
COVID: 6 concellos en alerta vermella

Nova subida importante da incidencia do coronavirus esta fin de semana. Hoxe, Santa Comba e Ponteceso únense no nivel vermello de alerta a Carballo, Malpica, Cabana e Vimianzo, con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

En Nivel 2 quedan Laxe, Zas e agora Cee, onde se toman medidas como pechar os parques infantís, e anular o mercado dominical.

E en Nivel 1, en amarelo no mapa, quedan Camariña, Muxía, Coristanco e A Laracha.

Só queda 5 concellos en toda a Costa da Morte sen estar en algún dos niveis de alerta sanitaria. Falamos de Fisterra, Corcubión, Dumbría, Mazaricos e Carnota.

Outro dato preocupante é a presencia xa de 16 persoas ingresadas por COVID no HVdX, 7 máis que o venres.

Domingo sen mercado en Cee
Domingo sen mercado en Cee-Foto-Rafa Quintáns

Máis novas do COVID

 

Comentarios