Luns. 29.04.2024
El tiempo

Maquinaria pesada na praia de Area Maior de Louro para sacar o iate varado

Sacando con maquinaria pesada o iate de Area Maior-Foto.Manuel Maria Candamo
Maquinaria pesada na praia de Area Maior de Louro para sacar o iate varado

A polémica co catamarán eslovaco que cruzou o Atlántico e varou na praia Areal Maior de Louro non remata. Foi o día 9 cando aparecía no areal muradán e as malas condicións do mar impediron que as administracións intentasen a operación de recuperación do barco ata este venres 17 de novembro. Aproveitando a marea alta, a embarcación de Salvamento Marítimo intentaba tirar da embarcación, pero era imposible.

Así que meteron maquinaria pesada (varias retroexcavadoras), atravesando o medio das dunas deste espazo protexido ZEC ES1110012 e Rede Natura 2000.

Unha acción que vai ter consecuencias pos dende a Asociación Ecoloxista Galega xa enviaron unha denuncia pedindo o inicio das correspondentes dilixencias de investigación e á apertura do correspondente expediente sancionador.

Denuncian que o paso da maquinaria polas dunas “probablemente sen permiso, e exercendo posiblemente un dano irreparable sobre especies en perigo de extinción e hábitats de interese comunitario e prioritario. No propio areal, a maquinaria pesada realizou ademais un foxo na area de varios metros de profundidade e de lonxitude para evacuar o veleiro cara ao mar”, sinalan dende ADEGA.

Máis info

Comentarios