xoves. 01.05.2025
El tiempo

María Lago Lestón presentou a súa nova equipa do BNG de Muros

María Lago Lestón - BNG Muros 2023
María Lago Lestón presentou a súa nova equipa do BNG de Muros

Esta fin de semana tivo lugar a presentación da candidatura do BNG de Muros ás elección do vindeiro 28 de maio. No acto interviñeron Severino Figueiras Lestón (Seve de Xantoque), número 2 da candidatura; Rosana Pérez Fernández, deputada do Parlamento de Galiza; e María Lago Lestón, candidata á Alcaldía do Concello de Muros.
En palabras de María Lago Lestón “nos últimos catro anos o censo do concello perdeu case 200 veciños/as pola falta de oportunidades no mesmo”. Para reverter esta situación, dou unhas pinceladas das propostas do BNG de Muros para as vindeiras eleccións e que porán en marcha dende o primeiro día que tomen posesión dos cargos no goberno municipal. “Apostamos polo sector primario, xa que a nosa ría é potencia mundial neste sector”.

Así mesmo, queren promocionar a “creación dunha bolsa de alugueiro público de longa duración mediante a rehabilitación de edificios municipais, como o antigo edificio dos mestres do colexio de Esteiro”.

A candidata á alcaldía aposta por finalizar o saneamento de todo o concello, especialmente das parroquias de Tal e Abelleira, a posta en marcha dunha casa para as persoas maiores, reforzo do servizo de axuda no fogar así como a ampliación de paras de escola infantís de 0 a 3 anos. María Lago emocionouse e quixo resaltar que “cando sexa alcaldesa, retomaremos o apoia ás mulleres que sofren violencia de xénero no noso Concello. Ferramentas que a institución xa puxera a disposición cando gobernamos no 2007 e que se paralizou á nosa saída no 2011”.

Candidata BNG Muros 2023

Comentarios