Sábado. 27.04.2024
El tiempo

María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros

María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros
Maria Xose Alfonso Candidata do CxG de Muros

Parecía claro, pero María Xosé Alfonso foi elixida candidata a alcaldía de Muros por Compromiso Por Galicia. Un grupo que leva dende o 2012 en primeira liña política local, con 3 concelleiros, de feito, na corporación, pero que se presentará ás Eleccións Municipais de maio 2015 por primeira vez na historia da comarca baixo o paraugas do CxG.

Alfonso foi escollida mediante primarias abertas á cidadanía, onde os cidadáns non só puideron participar, senon que tamén podían presentar a súa propia candidatura.

María Sambade, actual Secretaria Local de Compromiso Por Galicia foi a encargada de presentar a María Xosé Alfonso e dar conta dos resultados da votación. Asegurou que “Compromiso esta dando unha lección de democracia participativa e real” , insitiu en que “ é preciso que canalicemos o descontento da cidadanía e o transformemos en propostas reais que se poidan levar a cabo”.

Alfonso foi elixida pola unanimidade dos presentes o pasado sábado en Muros, no acto tamén estivo presente o Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia, Xoán Bascuas indicou que “María Xosé é a mellor candidata non só de Compromiso, senón a mellor candidata pois foi elixida por todas aquelas persoas que desexaron participar nestas primarias” María Xosé Alfonso é a portavoz do Grupo Municipal de Compromiso en Muros que conta con tres concelleiros na corporación muradana.

Mestra de profesión, Alfonso é membro da Executiva Nacional de Compromiso Por Galicia e formou parte do goberno muradán da man do finado Domingos Dosil Alfonso.

Na súa intervención durante proclamación como candidata a alcaldía de Muros María Xosé indicou “estar agradecida pola participación da cidadanía na súa elección e que agarda seguir contando con esa participación para completar a candidatura e o programa co que Compromiso concurrirá ás municipais do vindeiro ano“.

Novas relacionadas

Novas políticas

Novas electorais

Fonte

Comentarios