Martes. 15.10.2024
El tiempo

Miguel Montero, o bombeiro do GES que participa en misións de rescate internacionais

  • Entrevista realizada por Monste París para a publicación parroquial ECOS (da ría).
Entrevista Miguel copia
Miguel Montero, o bombeiro do GES que participa en misións de rescate internacionais

Quizais estamos demasiado acostumados a que nos chegen novas de acontecimentos de gran impacto social, como as catástrofes e as crises humanitarias. Datos e imaxes terribles chégannos a través dos medios de comunicación. Entristécennos e impáctannos, pero só uns minutos. Ás veces móvennos á solidaridade e colaboramos con algún tipo de axuda. Logo esquecemos, e un pouco máis tarde xa estamos preparados para recibir información dunha traxedia nova. Porque todo isto queda lonxe. Pero non para todos. Durante as labores de rescate despois do terremoto de Turquía emerxe a imaxe de Miguel Montero, membro do GES de Muros, formando parte da ONG IAE (Intervención, Ayuday Emergencias). Dalgunha maneira, que unha persoa que está a diario cerca de nós, estea involucrada nunha emerxencia internacional, fai que este tipo de catástrofes tomen corpo e que a nosa atención adquira outro "peso”.

  • M.P:. Miguel, só tes 34 anos pero xa eres formador de rescatadores e o responsable e coordinador do GELR (Grupo Especial de Localización e Rescate) a delegación galega da ONG IAE. Cando empeza en ti esta "vocación”?

M.M. Sempre quixen ser bombeiro e aprobei as oposicións con 23 anos. Hai 10, conseguín a praza do GES de Muros e especialiceime en rescates técnicos (ríos, altura, montaña, estruturas colapsadas,). Desde sempre tamén, me atraeu o traballo con cans de rescate, pero foi a partires dun caso dun desaparecido de Carnota, vendo traballar aos cans, cando me metín de cabeza neste mundo e acabei formando o GELR en Galicia, un grupo formado por rescatadores, canse sanitarios.

 
  • M.P: E. Estiveches recentemente en Turquía e Libia, cres que o enfoque dos medios de comunicación e o que nos mostran dan fe do que realmente pasa nestas traxedias?

M.M. Si, na maioría dos casos, pero é moi difícil imaxinarse o que significa o que nos mostran. É case imposible reflexar que unha catástrofe destas características se traduce en miles de traxedias individuais, a desesperación de perder a 15 persoas da familia por exemplo. Pero todos os medios están en contacto con nós e transmiten o que nos lles pasamos in situ, a documentación gráfica é nosa, pero aíndaa s iémoi difícildesde a casa imaxinar a magnitude e o significado real.

 
  • M.P: E a resposta internacional? Chega? como se percibe alí?

M.M: A resposta é tremenda, rápida e boa. E a percepción da mesma é total, agradécese moitísimo toda axuda e son perfectamente conscientes de onde procede, porque normalmente as unidades de axuda levan a bandeira do seu país de procedencia.
Outra cousa é que o país poida xestionala. Non todos os paises teñen as mesmas necesidades. Cando ocorre unha catástrofe, inicias e unha misión de rescate do mesmo país e dos do seu entorno. Se o necesita, fai unha petición de axuda internacional e a resposta é moi rápida porque o tempo sempre corre en contra da vida das persoas.

A 1° fase da axuda é de auxilio e rescate de supervivintes. Logo ven a recuperación de corpos e preservar a salubridade do entorno. Tamén se observan as necesidades concretas para poder racionalizar e compensar as axudas, que non sobre dunhas cousas e se careza doutras. Esta información aplicase na 2° fase. Buscamos finanzamento e conseguimos un abastecemento máis axeitado.

 
  • M.P: Un momento no que tiveras medo.

M.M. O noso traballo diario sempre implica risco. Nunca saes a nada bo e cando saes a misións deste tipo, é moito peor. Pero habitúaste rápido á catástrofe, non tes tempo e non pensas no medo. Quizais cando volves á tranquilidade do teu país é cando che veñen as imaxes e es máis consciente dos momentos de perigo real, como o do rescate dun pai e unha filla en Turquía. Os cans primeiro e logo os sensores auditivos TPL puxérannos sobre a pista destas persoas vivas sepultadas polos escombros. Levábamos 7 metros en 8 horas. Había unha viga enriba nosa que se movía a cada paso que avanzábamos debaixo de toneladas de escombros. O medo era por nós e polas persoas que estábamos a piques de atopar, por non perdelas despois de tantas horas e estando tan cerca.

 
  • M.P: Unha imaxe impactante.

M.M. Nesa mesma operación. A medio camiño das persoas vivas, o corpo dun neno pequeno enterrado. Tiña as mans protexendo a cabeza. Nese momento non podes parar, o obxectivo é a vida dos que están máis adiante. Pero esa imaxe despois volve.

 
  • M.P: E o mellor momento?

M.M. Uns metros máis adiante, cando por fin vemos a man da nena asomando. Non se pode describir.

 
  • Entrevista realizada por Monste París para a publicación parroquial ECOS (da ría).

Comentarios