Moncho Bouzas presenta o seu poemario “Argonauta” na casa
10:16 18/02/22
Xa estaba en versión dixital dende 2018, Agora, gracias á editorial Medulia xa está en papel. Aínda que este “Argonauta” de Moncho Bouzas é distinto a aquela versión que o poeta esteirán afincado en Betanzos sacou en 2018. Esta obra divídese en dúas partes: unha con poemas do a da época do Batallón Literario da Costa da Morte e a da Nova Poesía Guitirica (NPG).
Cuns contidos fundamentalmente de temática mariñeira, e en grande parte vinculada ás súas terras de Esteiro, o libro conta con unha fermosa portada da tamén muradana Amália Costa Bouzas, ilustracións de Enrique Fernández e fotografías interiores do científico Xurxo Mariño.
A presentación por parte do coñecido na casa como Moncho "da Farturiña", será o domingo 6 de marzo ás 12:30h, nas Instalacions da Esteirana de Remo, acompañado por Fino, o presidente do club.
Novas relacionadas
- Decembro 21: O Batallón Literario celebrou entre versos o seu 25 aniversario.
- 2020: O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra .
- 2018: O Argounauta do Batallón Literario do esteirán Moncho Bouzas, xa en versión dixital.
- 2012: O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Miro Villar: A vinte anos da antoloxía “mar por medio”, unha ponte entre poetas cubanos de Holguín e poetas da Costa da Morte.
- Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Álex López: 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.