As mulleres do serradoiro, por fin protagonistas en Muros

Arrincou este pasado sábado o programa municipal muradán polo Día da Muller, e fíxoo cun acto en Surribos (Abelleira) a memoria e o recoñecemento ás mulleres do serradoiro, que durante anos traballaron arreo, cargando madeira e facendo posible o sustento de moitas familias do concello. Mulleres fortes, que co seu esforzo e sacrificio sostiñan fogares á vez que dinamizaban a economía local co seu traballo, pero cuxa historia apenas foi contada.
"Reafirmamos un compromiso: que a historia das mulleres traballadoras do noso concello nunca volva quedar no esquecemento", asegurou a alcaldesa, María Lago, nun evento que xuntou a ducias de familias e xentes da Asociación de Veciños A Ostreira (Asociación de Veciños A Ostreira - Abelleira), que artella ademais Escola de Música de Muros (Escola de Música Municipal de Muros).
Dende o Concello lanzan unha mención especial para Delia, Lola e Ernestina, que compartiron as súas lembranzas, dándolle voz a todas aquelas mulleres que foron imprescindibles no noso pasado.