martes. 20.05.2025
El tiempo

O muradán José Manuel Bermúdez Siaba lanza “Íntimas traiciones”, a súa nova novela

José Manuel Bermúdez Siaba-libro Traiciones intimas 2
O muradán José Manuel Bermúdez Siaba lanza “Íntimas traiciones”, a súa nova novela

Non para de producir José Manuel Bermúdez Siaba. O escritor muradán vén de lanzar a súa nova novela “Íntimas traiciones” [JMBLibros].

Un libro que se sitúa trala segunda guerra mundia, cando os protagonistas emigran á Arxentina fuxindo da miseria. Nese contexto comenza o relato desta novela, que mestura drama e intriga a partes iguais. Unha historia na que o amor e as traicións xogan un papel principal na trama. Un decendente daqueles primeiros emigrantes e o principal protagonista desta historia. Un home bo sometido a inxustizas e penalidades que condicionaran oseu proceder e marcarán para sempre a súa personalidade.

O autor expresa con crudeza a naturaleza humana. Amistades incondicionais que se tornan en odios extremos, azuzados pola envidia e unha ambición desmesurada. Engaños, amor, sexo, superstición e morte son os ingredentes que fan desta novela unha interesante opción para os lectores.

Libro Traiciones intimas de José Manuel Bermúdez Siaba

Novas relacionadas

Comentarios