Muros acolle a Festa dos Axóuxeres para os máis pequenos
09:03 04/02/11
Xa teñen cita os bebés de Muros, e os seus pais e nais, para este sábado 5 de febreiro de 2011. O Centro Cutural de San Xosé acolle a Festa dos Axóuxeres, dentro programa cultural da Xunta. Será o equipo de normalización lingüística do concello muradán, coordinado por Graciela, a que organice a festa, así como o obradoiro.
Os Axóuxeres son un acontecemento para a xente miúda da casa (xa que están dirixidos a nenos e nenas de 0 a 3 anos) nos que se desenvolven horas de lecer para os máis cativos e para a súa familia.
O Encontro dos Axóuxeres é un espectáculo de música, de xogos e de palabras, que se celebrará o vindeiro sábado 5 de febreiro en San Xosé ás 12:00 da mañá.
E o Obradoiro de Axóuxeres, que se celebrará o sábado 19 de febreiro ás 17:30 en San Xosé, ensina técnicas de masaxes para bebés e xogos de iniciación.
Máis información
Se precisan máis información sobre o acontecemento poden contactar co Servizo de Normalización Lingüística a través do teléfono 981 762 294 ou do correo electrónico: normalizacion@muros.es.Novas relacionadas
- Os pequechos de Zas riron coa bocaberta e en galego.
- Os SNL de Bergantiños e Soneira preparan cursos de galego preparatorios para os Celga.
- Bailando e compoñendo en galego e ca Bocaberta.
- 6 vídeos de terror para lembrar o Samaín e promover o uso do galego na escola de Zas.