Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Muros aprobou, por fin, a rehabilitación do cine París

Muros aprobou, por fin, a rehabilitación do cine París
Cine paris de Muros-Foto-Patrimonio net Cine paris de Muros-Foto-Patrimonio net

Tiña lugar este pasado un pleno de urxencia no Concellos de Muros para aprobar, ao fío do remate de prazo, as obras do Plan Único da Deputación. Cómpre ver un anaco os primeiros minutos dos vídeos do pleno muradán para comprobar que o ambiente político é semellante ao camariñán.
Para a oposición a convocatoria de urxencia non está xustificada pois os prazos levan meses sinalados.

A nota máis importante do pleno muradán foi a aprobación da primeira fase da rehabilitación do cine París (cementos, paredes exteriores, estrutura e tellado). Unha obra tremendamente necesaria, que conta cun proxecto redactado dende 2011, pero que foi esquecido dende entón. Ademais, o edificio cada día está máis deteriorado, mesmo cos teitos caendo.

Dende a oposición lamentan que non haia unha planificación de usos para o edificio.

Outros proxectos

O POS tamén permitirá desenvolver a renovación vestiarios campo de fútbol de Muros; o arranxo Praza do Cristo de Tal; a Rede hidráulica (saneamento, pluviais e abastecemento auga potable) e melloras no Chalón; o cambio pavimento do pavillón de Miraflores e o mantemento das estruturas metálicas nas instalacións deportivas (gradas dos campos de fútbol de Louro e Esteiro e clube de remo de Esteiro) e a reparación da cuberta e da estrutura metálica do pavillón de Esteiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios