Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muros ensaia na casa

Muros ensaia na casa coa Sala Nasmo
Muros ensaia na casa

Leva pechada dende que comezou o confinamento a Sala Nasmo de Muros, o Local de Ensaio máis importante de toda a comarca. Pero Juan Figueiras non podía parar quieto e xa se puxo a crear a iniciativa #ensaiosnacasa.

”Este pequeno proxecto trata de mostrar a cantidade e calidade de músicos que temos na vila, así como unha maneira de motivar a todos os nosos usuarios, que despois de tantos anos xa son familia”, explica Juan.

Por agora son vídeos individuais de membros das numerosas bandas que forman a Sala Nasmo, nos que engade unha pequena descripción do músico. “É unha maneira de incentivar que os nosos usuarios sigan ensaiando e compoñendo e que a Nasmo siga sendo un nexo de unión e mostra da cultura musical da Vila de Muros”.

Estade atentos ao facebook da Sala Nasmo para comprobar como os músicos ensaian sobre composicións propias das súas bandas, realizan covers, etc. “Como é lóxico non todos os rapaces contan con infraestructura necesaria para enviar gravacións en boas condicións, por iso decidimos facelo a través do móbil como unha ferramenta rápida e sinxela para poder seguir mostrando o traballo que siguen a facer as bandas e a Sala Nasmo durante este periodo de peche”.

A cousa non queda aí, e seguro que máis adiante nos traen máis discos, máis ensaios e moita música dende Muros

Ata concertos pola ventá se anima algunha nova promesa!!

 Novas relacionadas

Comentarios