Martes. 19.03.2024
El tiempo

"Sempre hai que apostar pola calidade"

Pepe Senande da Muradana no Forum Gastronomic
Pepe Senande da Muradana no Forum Gastronomic
"Sempre hai que apostar pola calidade"

Satisfacción da expedición provincial no Fórum Gastrònomic, unha das citas máis importantes da península, na que foron protagonistas varios chefs e produtos da Costa da Morte, gracias á aposta da Deputación da Coruña. O propio vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, valora o impacto de marca e comercial da presenza na feira de Barcelona, e considera clave levar unha “extraordinaria carta de presentación” que coloque a nosa gastronomía como sinónimo de alta calidade.

A feira comezaba con Caco Agrasar, das Garzas de Malpica, e o co carballés de Baldaio Adrián Felipez, do Resturante Miga, facendo sendas delicias para os asistentes.

Na xornada de onte, o protagonismo costeiro colleu acento surenño, pois varios dos cociñeiros que desenvolveron os showcookings máis exitosos son muradáns. Iván Sande e Miguel Calvero do Restaurante Vila de Muros e Pepe Senande da Muradana, compartiron escenario con Monse Santos, do restaurante de Portosín Casa do Tella e Rosalía. Únense baixo o amparo da marca "Ría da Estrela", para realizar shows conxuntos e amosar que a profesionalidade dos nosos chefs marida á perfección coa calidade dos nosos produtos.

Chefs da Illa da Estrela de Muros no Fotum Gastronomic
Chefs muradáns da Ría da Estrela no Forum 

Maridaron uns "Berberechos a baixa temperatura con lembranza de Galicia" que deixaron a todos coa boca aberta. con perlas e un aire de mar. Monse fixo ademais un ceviche de xarda, e Pepe un taco de xurel marinado, probando un prato novo, máis informal e seguindo as novas liñas de apertura da cociña galega á comida mexicana. "Gustaron os tres, a verdade, e quedaron alucinados cando veron o xurel de primeira. Ademais, noto que a xente nova vaise atrevendo máis a probar esas cousas novas e iso é importante", sinala Senande.

"Da man da Deputación as cousas sempre saen ben", valora Pepe Sendande de volta á terra. "A Deputación pon interese na liña culinaria, e xa levamos varias cousas realizadas coa nosa proposta de cociñeiros da Ria de Estrela, apostando pola alta calidade, sempre apostamos pola calidade, e sempre machacamos moito, valorando como podemos conseguir facelo mellor. Quen non quere un turismo de calidade?", explica.

"A intención é sempre é a promoción, pois a nosa ría necesita difusión, e tense que saber que na ría hai moi bos cociñeiros e moi boa cociña, porque xa todo o mundo sabe que hai grandes produtos". En todo caso o Forum está moi formulado (sendo entre semana) para os profesionais, de aí que moitos dos que van escollendo entre a oferta e van visitando e ollando os diferentes show "son colegas, que ademais van aportando ideas. A verdade é que hai moito colegueo, moito contacto, co que compartimos moita información, tanto culinaria como de dirección de negocio", explica.

Sen tempo a descansar, xa se porá a preparar en breve a carta da Muradana (pechada esta quincena por "vacacións"... de feira) e tamén se porán dende a Asociación de Hostalería a valorar as xornadas, como sacarlle mellor rendemento, e cales serán os vindeiros actos.

As empanadas de Costumes, produto de alta calidade

Ademais das mostras ao vivo de cociñeiros e cociñeiras que participaron no programa da Deputación da Coruña no Fórum, o propio stand oficial no recinto converteuse no escenario de degustacións de produtos de calidade nun evento no que participan fundamentalmente profesionais da gastronomía, a distribución e o xornalismo especializado. As empanadas de Carballo, de Costumes, foron uns dos produtos máis demandados xunto as patacas Daterra de Miño, os queixos de Barral e Galmesano, ou Aceite Olivar de Moura de Vedra. Produtos de alta calidade onde ten que chegar tamén, por exemplo, a Pataca de Coristanco.

O propio Paco Fraga, de Costumes, valora moi "positivamente a posibilidade de participar no Fòrum e nunha situación privilexiada en canto visibilidade e tránsito de xente como a da Deputación da Coruña". Do Fòrum marcha, segundo di, "cunha caderno chea de contactos que será a base do labor comercial que faremos a partir de agora para materializar o negocio que nos posibilita a participación na feira”.
Especialmente satisfeito está Paco Fraga da valoración que as empanadas recibiron pola multitude de persoas que pasaron estes días polo stand da Deputación da Coruña. "Atoparon un produto feito a man, con cebola natural, masa quebrada con aceite de oliva... moi diferente á oferta industrial", afirma o responsábel de Costumes.

Degustando empanadas de Costumes de Carballo noFOrum Gastronomic
Degustando empanadas de Costumes de Carballo no FOrum Gastronomic

Novas relacionadas

Comentarios