Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte exporta sabores e vangarda ao Fórum Gastrónomic de Barcelona

O chef carballes Adrian Felipez noForum Gastronomic de Girona
O chef carballés Adrián Felipez no Forum Gastronomic de Barcelona
A Costa da Morte exporta sabores e vangarda ao Fórum Gastrónomic de Barcelona

"Temos unha materia prima excepcional mais tamén a capacidade de transformala en produto gastronómico de primeira orde", dixo o vicepresidente e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña na súa intervención no Fòrum Gastrònomic que se está a desenvolver en Barcelona.

Son varias as propostas costeiras que forman parte da expedición provincial nunha das feiras gastronómicas mais importantes do estado, e que así o corroboran. Como a proposta do cociñeiro das Garzas de Malpica, Fernando Agrasar, cun shoocoking cun menú composto con mexillóns en escabeche e falso capucino de sopa de peixe e apio bol. Ou a do chef carballés de Baldaio Adrián Felipez, do Resturante Miga, que fixo un polbo con patacas de Coristanco, menestra de vexetais e algas e cacheira de porco celta.

Fernando Agrasar das Garzas no Forum Gastronomic
Fernando Agrasar

Hai tamén ao longo destes días showcookings de cociñeiros como o Iván Sande e Miguel Calvero do Restaurante Vila de Muros (Muros), Montse Santos de Casa do Tella e Rosalía (Muros) ou Pepe Senande de A Muradana (Muros).

"Esta nova xeración de profesionais conseguiron dar o salto da cociña tradicional aos novos territorios gastronómicos sen aínda estaren suficientemente valorados e o Fórum é un espazo de especial interese para a súa promoción", explicou Xosé Regueira, que impartiu unha charla sobre “A tradición como concepto”.

Tamén hai produtos da Costa da Morte, como as empanadas de Carballo da empresa Costumes.

Xose Regueira no Forum Gastroomic
Xosé Regueira, no centro

Novas relacionadas

Comentarios