Muros prepárase para a novena edición do duatlón ‘Eleuterio Balayo’

O Concello de Muros acolleu a presentación da novena edición do duatlón ‘Eleuterio Balayo’, que se celebrará este sábado 5 de abril.
A competición, organizada polo concello coa colaboración da familia de Eleuterio Balayo, será ademais o Campionato Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior. Haberá outra proba popular (Sprint). Serán ás 14:45 e as 17:00 horas.
“Unha proba que sempre ten moi boa acollida e que ademais serve de recoñecemento e homenaxe ao noso veciño Eleuterio Balayo, que tanto apoiou o deporte no noso concello”, afirma María Lago, alcaldesa de Muros.
“Un ano máis, Muros será este sábado a capital do duatlón galego”, manifestou pola súa parte o concelleiro de Deportes, Damián Torea, “cunha competición xa consolidada, temos máis de 300 persoas inscritas nas dúas modalidades”.
O concello agradece o traballo para a realización da proba de todo o departamento municipal de Deportes, a Brigada de Obras Municipal, Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local.