Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Muros prepárase para outro abril de música e monólogos co Castelo Rock

Muros prepárase para outro abril de música e monólogos co Castelo Rock
A xente do Castelo prepara un abril de música e monólogos no Local de San Xosé

Volve a xente do Castelo Rock coa súa proposta primaveral para seguir recadando fondos para o festival de verán. Este mes de abril, o local de San Xosé recibirá 4 visitas como 4 sábados, sendo a música a principal protagonista con concertos acústicos de Fátima Baña, María González e Miguel Castro. No medio da música tamén se cola o veciño muradán Champi (Santi Caamaño) que despois de debutar no mundo do monólogo no propio local, volve a pisalo para contarnos historias da súa vida cotiá cheas de sarcasmo e creatividade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios