Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Muros recoñece aos seus heroes de Protección Civil

Muros reconece aos heroes de Proteccion Civil
'
Muros recoñece aos seus heroes de Protección Civil

A finais do pasado ano 2019, a Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España (ANAV Protección Civil) outorgaba os seus recoñecementos. Non faltou a Placa ao Mérito Colectivo na súa categoría de Ouro ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros (GES Muros), non tampoucoa Medalla de mérito e recoñecemento á antigüidade e constancia polos 20 anos de voluntario de Protección Civil na súa categoría de Plata a Ramón Manuel Lago Lago.

Uns recoñecementos que tamén se tiñan que oficializar a nivel municipal, como se fixo está mañá nun emotivo acto no Salón de Plenos do Concello.

A Corporación emitiu a súa “felicitación a todos os integrantes do equipo do GES Muros pola obtención deste recoñecemento. Tedes o agradecemento de tódolos membros desta corporación e por extensión, de tódolos veciños de Muros, polo voso bo facer e pola vosa entrega. O traballo nas emerxencias conleva sempre unha sobrecarga física e emocional, polo que aínda é máis de agradecer o bo trato e a paciencia e dedicación que mostrades cos veciños e afectados nas distintas circunstancias nas que desenvolvedes o voso traballo”.

Ademais, tamén queren enviar a “felicitación a D. Ramón Manuel Lago Lago, “Jabecho”, polo recoñecemento acadado como voluntario de Protección Civil, recoñecemento que queremos facer extensivo a tódolos voluntarios de protección civil de Muros, que durante estes anos adicaron, con xenerosidade e entrega, o seu tempo e bo facer ás diversas tarefas nas que a súa colaboración é indispensable. Xente solidaria, comprometida coa sociedade, sempre necesaria e que merece a nosa gratitude. O seu comportamento honorable non só prestixia a imaxe do voluntariado de Protección Civil, senón que tamén contribúe a engrandecer a da nosa Vila, que como ben dí o seu escudo, é moi nobre, moi leal e moi humanitaria”.

Novas relacionadas

Comentarios