Martes. 22.09.2020
El tiempo

Muros sumérxese nas redes sociais para construír en igualdade

Muros sumérxese nas redes sociais para construír en igualdade

O Concello de Muros, a través do CIM, lanzará nos vindeiros días a nova campaña de sensibilización e concienciación ‘Construimos igualdade’. Unha iniciativa que pon o acento na importancia de implicar a toda a sociedade e especialmente á xuventude na loita contra o machismo e a desigualdade.

Baixo o lema “Muros pola igualdade’, a campaña quere aportarlle recursos online ao profesorado, pais, nais, titores, pero que tamén traballa directamente cos e coas escolares e [email protected] a través dunha potente campaña nas redes sociais (Facebook, Instagram e Tik Tok).

Cunha duración de 4 meses e a financiación da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o CIM (Centro de Información á Muller) deseñou un programa dirixido ao alumnado de último ciclo de primaria, alumnado de ESO e bacharelato así como a poboación en xeral.

Consta de contidos específicos e adaptados a cada grupo de idade en forma de presentacións, vídeos, xogos e post para redes sociais. O material agrupase en 9 obradoiros, 3 por grupo de idade, con títulos como: “Unha mirada violeta a nosa familia e pobo”, “María e Anxo comparten”, “Machista en corentena”, “Depende dos dous”…

comentarios