Muros terá o seu Castelo Rock!
Están de noraboa todos os casteliños e casteliñas. I é que a Asociación Praia do Castelo segue adianta coa organización do Festival de verán, de xeito que o Castelo Rock 2012 é unha realidade. Unha realidade potente ademais, e xa pensan en ofrecer dúas noites de boa música para a primeira fin de semana de agosto.
E o comunican tras varios meses de planificación, de programación, de actividades, da apertura do local, dos cambios na xunta directiva, das reunións con entidades… Moito choio e moitas actividades (damos conta dende a Axenda Costa da Morte) para ir recadando un sustento económico que permita regatear a crise e preparar unha boa festa.
Xa advirten que "o orzamento pouco se asemella ás anteriores edicións". Pero avisan: "iso non vai cambiar o espírito do Castelo Rock e as súas características idiosincráticas que o converteron nun signo de identidade cultural do Concello de Muros e nunha plataforma de difusión cultural de alto nivel en Galicia". Aí é nada!
E nesa liña queren facer un chamamento ao sector comercial, hostaleiro e empresarial para xuntar esforzos e converter o evento nun produto sostible que permita atraer xente ata Muros.
Un programa completo para Maio
Así, a entidade tamén ten artellado un completo programa para este mes maio de 2012.:
- O sábado 5 de maio o Local de san Xosé acolle o concerto de Xei, unha fusión entre Cuba e Galiza, a partir das 22:00h con entrada de balde.
- Para o sábado 12 de maio, será Kike, ex Macarrón, o que traia o seu acústico. Tamén no Local de San Xosé e con entrada de balde.
- A proposta do 19 é máis pudiente, O Castelo Rock Expresso con 5 bandas e no Curro da Praza.
- E para o sábado 26, toca monólogo con Santi Caamaño.
Máis información
Novas relacionadas
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- A Praia de Valarés prepárase xa para un festival con V.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
- A bitácora da semana (CXXVI): O blog da Sala Nasmo de Muros.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Nota de prensa do Castelo Rock.
- Redacción de QPC ([email protected]).