Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros volve vestirse de mar

Imaxe do Muros Mira ao Mar destes anos
Imaxe dun Muros Mira ao Mar destes anos pasados
Muros volve vestirse de mar

Esta fin de semana Muros volve poñerse o seu traxe mariñeiro, no marco das XV Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar. Unha fin de semana salgada, chea de actividades de todo tipo, cun programa completísimo no incomparable marco dun dos cascos históricos máis bonitos do país, engalanado ata o detalle.

O venres 5 de xullo abren as xornadas dende a mañá con visitas guiadas, o mercado mariñeiro, obradoiros, exposicións, e pasarrúas con Longarela. Exposicións, charlas, artesanía, teatro, actuacións infantís… seguirán durante toda a tarde, que terán na inauguración oficial e a izada das velas fronte a fábrica de Sel (ás 20:15) un dos momentos máis simbólicos. Os Festicultores porán a festa musical a base de vento, e Pablo Baleiro porá o peche á primeira cita.

O sábado comeza ben cedo co concurso de pesca, e pouco despois a presentación do proxecto “Muros. Vila de Auga e Sal” en lingua de signos. Haberá tamén campionato de Remoergómetro durante toda a xornada , ademais das actividades para toda a familia ata a noite. Pola noite, Avelino Gonzalez traerá os seus contos de contrabando e Treixadura e os locais Maestro pecharán a noite musiqueira.

O domingo, máis teatro en familia e actividades varias e peche co certame de corais.

Muros Mira ao mar 2019 copiaPrograma de actividades do Muros Mira ao mar 2019

Novas relacionadas

Comentarios